12/05/2009

Os romanos paran o porto seco

La Voz de Galicia
7/05/09
Galicia

Será o polígono industrial de referencia no sur de Galicia, albergará centos de empresas punteiras nos seus catro millóns de metros cadrados, pero de momento Roma gáñalle a batalla. Os fornos que os antepasados dos veciños de Salvaterra e As Nebes empregaban para impulsar a construción, teñen paralizado séculos despois a industrialización, esa que dará osíxeno ao sur de Pontevedra. A proba da necesidade da zona, onde se reclama dende fai décadas máis solo, quedou patente no 2006 coa venda coa venda das parcelas nun tempo récord.


A localización de catro construcións nas que ancestralmente cocíanse tellas e outras ferramentas votaron por terra as previsións da Zona Franca de Vigo para desenrolar o seu pedazo de tarta no porto seco. Namentras as áreas que xestionan a Xunta e a Autoridade Portuaria avanzan, o restante 20% esquenceuse de datas límite e dos prazos.

O achádego, pese a estar catalogado con anterioridade, non fora estudado aínda. Desta tarefa encargouse un grupo de arqueólogos dirixido por Santiago Ferrer. Dende decembro de 2007 e ata maio do ano pasado limparon a zona afectada e realizaron sondaxes para coñecer a estrutura completa e os límites dos fornos. A investigación confirmou o deterioro padecido polos restos arqueolóxicos a consecuencia da extracción de áridos que se levou a cabo nesta zona durante anos. De feito, unha parte destes restos e os correspondentes a unha necrópole ubicada na zona da Salgosa foron destruídos entorno ao ano 2003.

De momento non existen plans concretos para os fornos. - En principio Patrimonio tiña a idea de conservalos no mesmo lugar no que foron atopados, pero ao final non se soubo nada máis-, apunta Santiago Ferrer. A idea era acometer unha intervención similar á realizada en Vigo, baixo o centro de saúde de Rosalía de Castro, onde apareceron unhas salinas que foron musealizadas e poden ser visitadas. No caso de Salvaterra, namentras a Xunta non tome unha decisión, as obras de urbanización do porto seco seguirán estancadas. Os fornos non son os únicos restos que a construción deste inmenso polígono industrial sacou á luz. Na zona coñecida como A Igrexa, pertencente á parroquia de Santa María de Liñares, o equipo do arqueólogo ourensán localizou unha explotación aurífera tamén romana.

Explotación aurífera
Os restos, en realidade, son só un pequeno fragmento dun complexo de maior envergadura. Na actualidade só se identifican dúas trincheiras paralelas, de diferente ancho e profundidade, que poderían ter sido empregadas como fonte de explotación ou como depósitos para almacenar a auga da que se filtraba o ouro. As investigacións dos arqueólogos concluiron, finalmente que a segunda hipótese era a correcta.

Dous mil anos despois, o prezado metal volveu a ser localizado polas empresas que explotaban o subsolo antes de que se aprobara o proxecto do porto seco. A escasa concentración de ouro detectado na zona disuadiu ás compañías de iniciar a súa explotación con fins comerciais.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.