15/05/09
Galicia
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, non prevee que a Cidade da Cultura esté rematada antes de que transcorran polo menos dúas lexislaturas, é dicer do 2017, e plantéxase ralentizar o proxecto de manterse a crise económica. Así o manifestou onte á Voz durante a súa visita a Madrid para entrevistarse coa ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde. «O prazo non ven imposto por nós, senón pola realidade, pola crise, polas prioridades, polos orzamentos», sinalou Varela, que recoñeceu que aínda «queda moito que invertir» e preferiu non dar datas sobre a finalización do Gaiás, «ir paso a paso», con «pragmatismo» e establecer un «horizonte máis lonxano». Incluso expresou o seu desexo de que as obras estén rematadas para o Xacobeo 2021. «Agardo que no 2017 esté moi avanzado, pero non sabemos cal vai a ser a evolución, se a crise perdura haberá que frear», manifestou.
«O primeiro que hai que dicirlles aos galegos, como afirmou o presidente, é canto nos vai a custar, hai que involucralos», asegurou. «Agora imos a proceder a fundir as dúas fundacións e a analizar o estado da situación; aínda non tiven tempo material para facelo», engadiu. «Hai que facer algúns replantexamentos dos plans directores», adiantou.
En calquera caso, calificou o proxecto como «a nena dos meus ollos» e dixo que «a única saída da Cidade da Cultura é hacia adiante, é un tren que se puxo a correr e non se pode parar agora». «A anterior Xunta recibiu a Cidade da Cultura como unha pataca quente, eu non, é demasiado tarde para recibila así, eu recíboa como un reto e é o que máis me ilusiona».
Varela admitiu que se trata dun «proxecto moi grande, pero ao mellor dentro de 20 anos non o é tanto, está pensado para o futuro». É «sostible e factible», porque é un «centro de Galicia», non de Santiago, ao que non «deixarán de acodir dende Vigo, A Coruña, Lugo ou Ourense, igual que os que viven en Queen's van á ópera en Manhattan aínda que o Metropolitan esté a máis dunha hora».
Dubida de que a inversión se recupere algún día, aínda que «a rendibilidade en termos culturais é moi difícil de medir», pero está convencido de que «os galegos van a aumentar a súa autoestima por ter un centro á altura de calquera outro do mundo». «É un proxecto difícil que tropeza sempre co mesmo muro e é que os galegos teñen unha visión negativa da Cidade da Cultura», asegurou. «Hai que plantexalo como un proxecto a curto, medio e longo prazo e é imprescindible que haxa unha proporción entre o continente e o contido, se o primeiro é de ouro e os segundos non son axeitados afúndese», engadiu.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.