08/06/2009

Denuncian a un ex delegado de Política Territorial na Coruña por unha obra sobre un castro

La Voz de Galicia
6/06/2009
Bergondo

O Seprona e os técnicos de Patrimonio investigan unha obra que se realizou sen ningún tipo de permisos nunha leira do municipio coruñés de Bergondo e coa que se destruíu boa parte do castro de Montecelo, catalogado e protexido do mesmo xeito que os outros sete que hai neste municipio.

O concelleiro nacionalista Antón Sánchez apuntou que o promotor das obras é o popular Jesús Almuíña, ex presidente provincial do PP e delegado da Consellería de Política Territorial cando Núñez Feijoo era conselleiro.

O Bloque bergondés presentou antonte unha dobre denuncia ante Patrimonio e o Seprona na que dá conta de que se realizaron traballos de «desmonte, nivelación e peche dunha leira situada en solo rústico de especial protección, por estar situado non castro de Montecelo», e resalta a gravidade da intervención, xa que puido destruír os restos arqueológicos deste asentamiento, un dos máis próximos a ría de Betanzos.

Os denunciantes teñen claro que a obra é «ilegal» e aseguran que o ex delegado provincial da Xunta «preferiu o fraude á lei», o que demostra o escaso compromiso coa «conservación do patrimonio cultural e natural de Galiza, e coa legalidade». Así mesmo, censuran a actitude «permisiva» e «pasiva» do goberno local (do PSOE).

Ata 60.000 euros de multa
A lexislación estipula unha protección integral para os restos visibles dos castros e prohibe todas aquelas actuacións que non teñan como fin o estudo ou a posta en valor da zona. Así mesmo, limítase a edificación nun radio duns 200 metros.

A Lei do Solo tamén impide alteracións nos asentamentos catalogados e, polo tanto, protexidos. A destrución do castro pode supoñer un delito grave que está penado cunha multa de ata 60.000 euros, á que se pode engadir a inmovilización da propiedade e a retirada do usufruto ao promotor ou dono da leira.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.