07/06/2009

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol

O XÁCIGO ROMANO DE CALDOVAL

Diante das novas recollidas nos medios, segundo as cales o Alcalde de Mugardos – Sr. Barcia – pretende “activar“ o traslado do xácigo romano de Caldoval a un museo na vila, queremos manifestar:

1º.-Dende fai anos o grupo empresarial Forestal primeiro, e logo Reganosa pretenden desmantelar os xácigos arqueolóxicos da zona, calificada no PXOM de Mugardos como solo rústico de protección de patrimonio (SRPP) que inclúe o Castro de Mehá, o xácigo romano de Caldoval e o de Sta. Lucia, como paso previo, para poder recalificar o solo e permitir á ampliación de Reganosa .

2º.- A recalificación proposta por Forestal e Reganosa e tramitada no seu momento polo Goberno municipal de Juan Toimil xa foi rexeitada pola Xunta de Galicia.

Preme na imaxe para ver a galería

3º.- Ademais, o TSXG, dictou unha 3ª sentenza en contra de Reganosa (Sentenza nº 00311/2008 de 22 de abril de 2008 ), anulando a modificación puntual do Plan de Ordenación de Mugardos que serviu ao Concello para outorgar a licenza de obras e actividade a Reganosa.

4º.- Que a xestión do Sr. Barcia, sendo coñecedor destes antecedentes, para “Activar” o traslado do xácigo de Caldoval, obedece ao imperativo marcado por Reganosa.

5º.- O CCE considera que a musealización in situ constitúe o mellor xeito de poñer en valor o citado xácigo e o conxunto da zona en particular. Que isto é o que debe facer o Alcalde de Mugardos, respetar a legalidade (sentenza do TSXG), a historia do pobo galego, o interese xeral e non deixarse someter aos intereses de Reganosa.

Ferrol, 4 de xuño de 2009

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.