17/04/2009

Mañá comeza o Ciclo de Historia de Galiza organizado por Mariñapatrimonio

O Ciclo de Historia de Galiza dará comenzo mañá cun roteiro polos Castros do litoral. Visitaranse os castros das Grovas, Meirengos e Fornelo, no Concello de Ribadeo. A saída, dende a praia das Catedrais, está prevista para as 11 da mañá.



Ás 7 do serán, no Museo do Mar de San Cibrao o arqueólogo Antonio de la Peña Santos, intervirá para falar sobre A Prehistoria. Será esta a primeira das conferencias deste ciclo que se desenvolverá durante os meses de abril e maio e que conta co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

+ INFO: 616815120 ou 690650542 ou mrpatrimonio

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.