17/04/2009

ADEGA prepara para mañá un roteiro polas mámoas do monte Marraxón en Fene

A asociación ecoloxista ADEGA, prepara un roteiro para mañá polas mámoas de Marraxón, no concello de Fene.

A saída está prevista para as 16:30 do serán diante da Igrexa de Sillobre (Fene) e dende a asociación recoméndase levar roupa axeitada para o monte. O roteiro estará guiado polos expertos coñecedores da zona, Xan Martínez e Carlos Domínguez, e coordinando a marcha Xesús Oca.

Na actividade colaboran a Asoc. de Veciños de Sillobre e a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Marraxón.

+ INFO: 606 11 98 46 (Suso) ou ADEGA - Trasancos

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.