O Labirinto do Alquimista
Felipe Senén López Gómez
8/02/09
Sempre se volta ós cavilares dos filósofos gregos sobre as miserias humanas. Pese ós milenios andados seguemos a caer en esperpéntico pintoresquismo. Si se sabe enxergar, cada estética nace da súa ética. O Che, trotamundos, asmático, militante da liberación polas serras e as selvas, imaxe nimbada con gorra e estrela roxa, paradoxicamente tan comercialiazada, fusilada novamente, agora con todo o glamur, sucedaneo de Hollywood, premiado tema cinematográfico para ver comodamente dende as butacas namentres os katiuskas choven sobre moitas Gazas. E con pompa semellante, no Museo do Prado, onde tanta Historia e mitos están reinterpretados, inauguróuse unha mostra do dublinés, aquel que comenzou como interiorista e logo cotizadísimo pintor, Francis Bacon, quen tanto influíu na contemporaneidade esperpentizando escabrosamente as miserias do ser humano, os que somellamos non deixar de ser fetos inmaduros ou carne podrecente, retortos, rebozados en vizos ou Pecados Capitais que dirán os escolásticos radiofónicos do presente: egoismos, as ansias de poder cardenalicias, xerifalticias desdebuxadas, enmarcadas en cuartos que non deixan de ser gaiolas, apoltronados nos seus tronos ou sofás... Ó fin e ó cabo miserias, carnicería sobre a acolchada impaisaxe, de sedas e terciopelos do todo e da nada. Ao menos eso lle parece ó espectador, quen tamén ten a libedade de contribuir co seu aporte a sobredimensionar ó artista. Agradecemos que haxa quen poña o espello, saiba facer crónica do acontecer. Mostrar as miserias humanas das que aprender, para voltar ós sabios de Grecia e ós creadores de eiquí ou de acolá..
Nesa rolda de actos e neste tempo de Entroido, climatolóxico e electoralmente ventoso é cando se ventilan todas esas escabrosas porcalladas, que no país dos esperpentos adquiren pintorecas contotacións baconianas. Treboada á que estan atentos corvos e ienas, anónimos espias para animar o panorama. Vella historia, sabida e practicada contra e por aqueles mesmos que xa deberan estar vacinados, as competitivas xerarquias da res pública, os que mudaron a pana pola alpaca e os latóns da cabra montesa polo blindado Audi. Vello discurso, adobado agora no andacio das reformas: dende unha costosísima cúpula nacida da xenialidade de Barceló atá os despachos dos subsecretarios, deputados, presidentes.... Facer e desfacer, contaxiante virus alimentado polo consumismo, que onde mellor penetra é nos bunkers enmoquetados das clases do goberno, afeitos a mudar comportamento en favor do protocolos, entre os efluvios dos botafumeiros nos que se anestesian as necesidades reais expresadas en burocracias amoreadas. Dende os concellos proxéctanse reformas interiores, exteriores, mobles, inmobles e ate intanxibles... e traese ós santóns do urbanismo e da arquitectura para que proxecten sobre as obras que seguen a facer outros da "serie rexional". Esperpéntico plan de choque contra a crise: déscóbre que eso das reformas entreten e mitiga uns días a epidemia do paro, que disque nos vai arxentinizando, che. Oportunidade para a introducción das novas tecnoloxías: piso flotante de fibra de non sei que... ventanas de vidro con mando a distancia para a súa opacidade ou transparencia e con asistencia técnica nunha strasse de Berlín... cadeiras do deseño nórdico de Jacobsen, modelo Oxford, anti estres, ás que somentes lle falla insuflar a ciencia infusa a quen asente as súas posadeiras. Un couce no cu ós nosos deseñadores, e empresarios. Pois nada teñen que facer eses contribuintes que son os fabricantes de mobles de Sarria ou da Estrada, os deseñadores formados nas escolas de Galiza...e deixa que nos arrabaldos das nosas cidades sigan tomando asento as multinacionais de todo e tamén do moble nórdico, cara onde enfian as procesións de xente. Crucifixión dos autónomos nese calvario no que se convirten as desanimadas calles maiores ou reales do centro das cidades. Transbase de intereses.
No ir e vir de cargos os despachos da administración, retábulos para sacralizar e reunións para convocar a vindeira reunión, están en obras... e os cartafois, o patrimonio, dunha banda para a outra, igual que os funcionarios, e máis perdidos aínda os administrados, os que pediron día libre, os que deixaron a outro cargo as súas labores, parara arranxar as cuestións, perdidos polos corredores de pvc, de mesa en mesa, na busca das súas instancias, certificados e demáis.... entre po, escadas, cables e martelazos.... Un "tente en pe" anticrise -no particular programa do desenvolvemento sostible- ofréceselle ós constructores no paro as grandes obras públicas e estas reformas das infraestructuras administrativas. Non se enganou con aquelas promesas electorais nas que a palabra Cambio era a máis leida e escoitada entre aspamentos estandarizados.
Á forza teremos que admirar ós rancios políticos anglosaxóns, eses gentelman, que acuden ó Parlamento en autobús, ou si acaso en bicicleta, ou andando coa súa carteira, o seu paraugas e cubertos co bombín, que reverenciosamente saudan ós conserxes. E vanse a eses despachos de sempre, con cheiro a madeira de cedro, que gardan os pantasmas dende os tempos de María Tudor, que por certo somella vixiar e abanear as conciencias para lembrarlle o seu papel nese equilibrio entre pasado e porvir. Ó menos son conservadores que conservan. Pola contra algúns progresistas somellan ós inquilinos de Ambiciones, viven nunha reforma permanente entre exceso de inútiles gastos de afeamento para a súa groria. Para agora cumpría un enxeñeiro que proxectase con goma de borrar.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.