O Labirinto do Alquimista
Felipe Senén López Gómez
22/02/09
Santa, santísima trindade pagana, tres en un para desengrasar ferruxes: Entroido, Crise, Eleccións, alongando as súas gadoupas pola escena. Ano de converxencias, no que haberá máis tema no que inspirarse para argallar disfraz e sair a provocar ó cotián. Introito, Entroido, Entrudio, Antroido... antigas festas dionisíacas, escatoloxía, iniciación, pórtico dun tempo novo, pese a todo, soleado, frorido, esperanzado en froitos e rechouchio de paxaros que retornan... Cheo en símbolos de luz, cor, música, fecundidade, fartura e sempre a ofrecer unha mesa ben servida, disposta á concordia e á leria. Santa bendición do Tempo variable, o que sinalaría coa variña e capucho ( a medio por) o sabio frade de cartón das prediccións meteoroloxicas. Días propicios a calquera cousa, pero sobre todo a relativizar os papeis sociais: arromedar e apoucar ás xerarquias apoltroadas, ridiculizar ós tiburóns financieiros, borrachos, caídos e debruzados nos despachos pola crise que provocaron, para pousar os pes sobre a lentura farturenta do chan. Tempo de conflicto meteorolóxico e mais de crise ("proceso de axuste" din no Goberno), indeciso en vento, chuva, neve ou sol, o que instintivamente e sabiamente ofrece o Entroido dende a prehistoria, na que prende o sentido común, como unha revolta popular ou catarse colectiva que pon o direito do rivés. Non poden as treboadas, a crise, os sermóns, os mitins co que ten fondas e ben repartidas raiceiras, co que está solidamente asentado.Enrédase a tradición e a anovación, a sabia prudencia cos riscos da experimentación que se poñen a proba. Acaida festa de fin e principio para novos resultados.
A máscara en forma de besta brava, cabalo, oso, cervo, touro... acomete coa testa ou cornamenta, lanzando ruxidos, a golpe de bombo, tanxir de sachos, fouciñas, e tintinear de esquilas ou chocas, penetra na aldea, na vila, no mundo civilizado das rutinas, onde sempre se está a facer o mesmo, ambiente abafado, aburrido, colo de cría dos malos vizos. A poderosa e respectada máscara provoca, quer darlle a volta ás cousas para que muden. Cousas dos seres humanos, os que seguimos a ter o primitivo instinto animal, xogos, experimentos, buscas, ata facelos ritos iniciaticos que nos poñen no camiño. Veñen as Carnestolendas, o noso Entroido, cos seus folións, murgas, comparsas, mácaras. Faino como cada ano, e coidamos que, como a mesma crise cae do ceo, como se a deseñasen os deuses, e a eles outorgámoslle as penurias deica apoucar e mirrar o talento, se non nos enfrontamos coa busca de solucións. Pois a creatividade, a retranca, o inxeño nace e medra do conflicto, da crise, igual que despois da treboada sempre escampará ou que despois da negrura da noite ven a alborada. A crise supón algo mal feito que compre enmendar. Algo mal asentado ou sementado, medrado e deforme. Á forza a crise alimenta o maxín e trae progresos, provoca a inventiva, as estratexias para superala e sair do puzo. É, pois, un desafio provocador ás ideas, e os méritos son para quen sabe sobreporse a ela e abre camiños de saída. A verdadeira crise é a da paralise, do aletargamento, asentarse nas rutinas cotians, no fastío, na liturxa e no fume dos anestesiantes botafumeiros da adulación ate caer na agonía por inanición, a crise da incompetencia. A máscara provoca co seus acenos, estrondo, revolve todo, peta nas portas e nas conciencias, contaxia o ambente para provocar a participación colectiva e voltar a empezar.
Coa liberdade do Entroido tanto afrora a creatividade como o peor de cadaquen, igual que na provocadora crise, á que se acolle toda inseguridade. Falar da crise é enturbar, confundir, promovela, en vez de experimentar solucións. E calar neste tempo é contribuir ó conformismo da rutina. Namentres outras máscaras, as dos cartos B, aproveitan o rio revolto, cando todo se vende, móvense pola intraescena, poden mercalo todo, infraetructuras estratéxicas, ate furar no poder. O mal gosto e a barbarie entra no Entroido sen máis premisas que a provocación. Compren os sabios e as súas solucións, as que están nese humanismo que como paradoxo se mingua nos tratados da italiana Bolonia, en favor do mercantilismo globalizador.
O mesmo Entroido e a crise globalízanse: uns miramos pros outros e todos facemos o mesmo. Somellamos feitos por igual patrón, esperamos a velas vir, en comparsa uniformada. En vez de moverse, créanse congresos simposiums sobre a crise, como sobre o Entroido, un sofisticado xeito de burocratización de butaca e apuntes... ábrese unha espita á mesma crise, para derramar máis crise. Gástanse palabras e aspamentos, cando o asunto é o traballo en función da demanda. As solucións son persoais, cada un sabe as súas necesidades, pero tamén colectivas, políticas. Velaí ese outro Entroido, o electoral, xogo de promesas para continuar ou mudar. Tempo de debate pois. A palabra crise é a que máis se escoita entre unha costosa posta en escea, nun ir e vir e chover propaganda pola rosa dos ventos, coa ameaza de non saber experimentar estratexias para superala. Eis a peor crise, a da incompetencia.
Despois da revolta do Entroido, presidido por Meco, Urco, Momo, un deus de cartón e palla que será chamuscado... virá enloitada, con cerulea figura escuchumizada, a Santa Cuaresma. Algo se aprendeu, para acollerse en cavilares e busca de solucións camiño do Calvario, e logo, na Pascua Frorida dar renda solta á bonanza e volta a sublimar os sacrifizos en liturxa ou rutina. A dialectica, a sabia tradición non traizoa. A natureza ten remedio para todo e todos, o asunto é buscalos e atopalos sen destruír.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.