ahoradosmouros
Redacción
A Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes vén de anunciar a realización da primeira etapa do roteiro cultural que organiza de xeito anual por este antigo camiño coñecido como Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande e que discorre ao longo duns 42 quilómetros, unindo As Pontes co porto de Vares. Esta vía tense empregado dende a Prehistoria como arteria de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos trafegaron con todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño desde As Pontes a Bares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.
Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.
Nesta ocasión realizarase un primeiro treito duns 25 quilómetros, a través dos concellos das Pontes e Mañón. A organización puxo a disposición dos participantes un autobúa para o viaxe de volta.
O prazo de inscrición na actividade remata o 13 de maio e podedes apuntarvos nesta web: www.amigus.org
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.