16/07/2010
Lugo
A Dirección Xeral de Patrimonio resolveu que os restos achados do castro de Punta Atalaia, no concello de Cervo, deben ser conservados in situ debido ao seu valor arqueolóxico e histórico.
A Dirección Xeral estima que pode tratarse dun dos asentamentos de meirandes dimensións da Mariña lucense, que se estende cara ao mar, cara a terreos de dominio público marítimo terrestre, polo que podería dar lugar a un gran proxecto arqueolóxico.
Os restos exhumados evidencian unha complexidade urbanística froito dunha longa e continuada ocupación e transformación deste espazo, que está na orixe da vila de San Cibrao. Na súa orixe é adscribible ao período galaico-romano, no cambio de era e primeiros séculos despois de Cristo, á que se superpoñen estruturas medievais.
Os estudos realizados destacan a extensión, densidade e variedade das estruturas arqueolóxicas documentadas, pero tamén a recuperación de abundantes materiais nobres, vitais para a interpretación do xacemento, evidenciando a súa vinculación coas actividades marítimo-pesqueiras e o comercio, testemuñado pola abundancia de restos cerámicos de importación.
En definitiva, a Dirección Xeral de Patrimonio entende que os valores do asentamento o fan merecedor de ser conservado como ben integrante do Patrimonio Cultural de Galicia, sometido ao réxime de protección establecido na lei que regula este tipo de bens –Lei 8/95, de 30 de outubro-.
A conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban sobre esta área. Foron estas actuacións, en concreto a construción dun edificio na zona, as que nun primeiro momento confirmaron a existencia de restos arqueolóxicos, e conduciron a unha prospección máis en profundidade das zonas que aínda non se viran afectadas.
Realizáronse escavacións en área na case totalidade da superficie que ocuparían as vivendas aínda non executadas, evidenciando a importancia dos achados e obrigando, polo tanto, á adopción de solucións protectoras para os restos.
Consellaría de Cultura e Turismo
Xunta de Galicia

Afeitamos como estabamos á manga ancha da Dirección Xeral, sorprende que teña a suficiente cordura para ordenar a paralización do proxecto de construcción de edificios sobre o castro da Atalaia.
ResponderExcluirAgora o que me pregunto, é se o concello de Cervo lles terá que pagar aos promotores por non poder executar a obra.
E xa me parecería de broma que os que intentan destruír o patrimonio teñan dereito a percibir indemnizacións.
A pesar da evidencia dos achados, non sei por que sego a pensar que as decisións que toma a Dirección Xeral son arbitrarias e que aquí pesou a presión social feita polo colectivo Mariña Patrimonio.
En fin, a loita neste caso valeu para algo.