07/05/2010

Football neolítico



Non, non se trata dunha nova modalidade de football, nin moito menos neolítico. Pero podería asemellarse bastante á simbiose made in Galicia, esa que campa por toda a xeografía da nosa terra. A mámoa en cuestión forma parte da necrópole do Rebullón no concello de Mos, que foi trasladada ao Centro Cultural As Pedriñas, ao pé do campo de football.

Un exemplo máis de como o antergo pode convivir reconstruido ao carón de elementos "culturais" actuais. Ou se cadra, dende outra perspectiva, un lugar privilexiado desde o que berrarlle ao árbitro...

3 comentários:

  1. Os exemplos normalmente son ao revés. Aí están os casos dun castro en Dumbría, creo recordar ben, sobre o que se construíu un campo de fútbol ou un campo de golf en Elviña construído sobre un campo de mámoas.
    Ai, este o noso progreso!

    ResponderExcluir
  2. Quem lhe ia dizer a Anton Rodriguez Casal cando fai anos empeçou a meter essa diapositiva na que um cabernicola co taparrabos reghlamentario disponse a dar-lhe um punteiro a um pelouro apuntando a toda a esquadra dum dolmem, que anos despois lhe ia "copiar" a idea



    Em fim, "Mundo Arqueo-Surrealista Galaico" capitulo 3.959 ... to be continued

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.