17/06/2010

VIDEO DENUNCIA: O Castro da Atalaia




Autor: Mariña Patrimonio
Duración: 1:40 minutos
Ano: 2010

MariñaPatrimonio ven de esixir ante a Dirección Xeral de Patrimonio que teña en conta os informes da Comisión Provincial de Patrimonio e que definitivamente adopte unha posición sobre o castro da Atalaia, que non pode ser outra que a conservación do xacemento e a anulación das licenzas de obra. Deste xeito, remataría o vergoñento ataque ao noso Patrimonio provocado pola irresponsabilidade do anterior goberno municipal de Cervo,que outorgou as licenzas aínda que sabía da existencia do xacemento, e pola inoperancia dos anteriores equipos de Patrimonio.

Os informes destacan a excepcionalidade e a importancia dos restos atopados cando afirman:

“Neste emprazamento estratéxico hai vestixios dende a Idade de Ferro ata os nosos días. Este aspecto confírelle unha especial relevancia para o coñecemento da historia da Mariña Lucense”

“O interese do conxunto vese incrementado polo escavado no outro soar, e pola continuidade do xacemento arqueolóxico cara o Norte e o Oeste (…) O poboado orixinal podería roldar as 8 ha. de superficie (…) Podería ser un dos asentamentos de época galaico-romana de maiores dimensións da Mariña Lucense. A súa importancia viría dada pola súa posición estratéxica, vinculada co mar e polo tanto coas actividades mariñas e co comercio, testemuñado pola abundancia de cerámica de importación.”

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.