MariñaPatrimonio comunicou recentemente á Consellería de Cultura e ao Concello de Cervo o achado casual dun novo xacemento arqueolóxico en San Cibrao (Cervo). Trátase, case con total seguridade, dun castro costeiro ubicado no polígono industrial de San Cibrao, a 1,5 km do castro da Atalaia.
As obras que recentemente a empresa pública XESTUR realizou para o Concello de Cervo sacaron á luz unha importante cantidade de cerámica castrexa situada no perfil leste do outeiro deste posible castro.
A abundante presenza de fragmentos cerámicos castrexos alertounos de que estabamos perante un novo xacemento arqueolóxico. Ao percorrer o perímetro do posible castro, puidemos comprobar que no lado oeste había uns parapetos, sistemas defensivos tipicamente castrexos.
Lamentablemente, a ampliación do polígono industrial destruíu case totalmente estes parapetos e o recinto que albergaban. A destrución puido afectar arredor duns 4000m2.Segundo puidemos observar en diferentes fotografías aéreas, a zona destruída podería tratarse do antecastro.
Estes feitos constitúen unha nova agresión, ocasionada por unha empresa pública, ao patrimonio arqueolóxico. Suponse que unha obra destas características debería contar cun estudo de impacto medioambiental, que neste caso ou non se fixo ou se fixo mal.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.