Reportaxe audiovisual que trata de establecer a identidade do home que foi soterrado fai máis de 4.000 anos nunha tumba da Idade do Bronce, a uns cinco quilómetros de Stonehenge. Esta historia vén de suscitar un enorme interese internacional debido ás probas fundadas que suxiren que este home, que viviu con toda probabilidade cando o círculo de pedras foi construído, proviña de Europa. Trátase do primeiro habitante europeo identificado con certeza nas Illas Británicas e os arqueólogos pensan que é un dos achádegos prehistóricos máis importantes dos últimos anos, xa que a tumba contiña un número sen precedentes de valiosos artefactos, incluídos os primeiros restos de ouro que se teñen atopado na Gran Bretaña.
Título orixinal: King of Stonehenge
Nacionalidade: R.U
Xénero: Historia
Director: Mike Fuller
Produtora: Topical Television
Duración: 49m
Ano: 2003
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.