21/08/09
Ferrol
«Visiteino co meu pai cando eu era unha nena e isto estaba abandoado», comentaba onte unha muller que agora volvía xunto aos seus tres fillos e ao seu marido. Nesa liña pronunciáronse a maioría dos máis de 80 visitantes que non quixeron deixar escapar a oportunidade de ser os primeiros en ver a fortaleza medieval do castelo de Moeche ao fin rehabilitada tras permanecer pechada oito anos.
Ás dez da mañá, a guía turística Silvia Fernández daba a benvida aos curiosos máis madrugadores. Durante 45 minutos dirixiría un percorrido pola fortaleza compartindo os detalles do que foi o primeiro obxectivo dos campesiños que lideraron no século XV a Revolta Irmandiña. Entre os turistas, a maioría procedentes da comarca, pronto xurdiu un intercambio de impresións, pois case todos gardaban algún recordo sobre o castelo. Había quen aseguraban xogar outrora no que eran pouco máis que uns restos históricos, e rapaces que sempre escoitaron falar daquilo.
Traballos a última hora
Miguel Villar Maseda, afeccionado á historia da súa comarca, visitaba o castelo logo de facelo por última vez dez anos atrás. Como a case todos, a rehabilitación convenceulle. «O castelo de Moeche, xunto ao da Palma e San Felipe, son os máis bonitos desta zona», comentaba. «Agora fáltalle unha boa documentación», apuntou.
Estes días aínda se están dando os últimos retoques á nova imaxe do castelo. Algúns traballadores varrían e fregaban o chan mentres a guía turística trataba de facer o seu traballo. Varios paneis informativos, parte da exposición permanente sobre a Revolta Irmandiña, estaban parcialmente ocultos e a oficina de recepción de turistas apenas estaba operativa. Aínda así, a rehabilitación do castelo, que conservou gran parte da súa estrutura orixinal, conseguiu a aprobación dos primeiros visitantes.
Marcas dos canteiros
O castelo mantén detalles como as marcas que deixaron os canteiros obrigados a reconstruír a fortaleza. Foi Fernán Pérez de Andrade, apodado o Bo, quen no século XIV mandou construír o castelo. Tras ser atacado no XV por uns tres mil irmandiños cando pertencía ao tirano Nuño Freire de Andrade, o Malo , foron os mesmos campesiños quen volveron levantalo por orde de Pedro Álvarez Osorio. Trescentos anos despois a fortaleza estaba xa deshabitada. Agora, propiedade da Casa de Alba, é o Concello de Moeche o que se encarga da súa explotación e impulsou a súa rehabilitación.
A súa nova imaxe permite dar un paseo por encima dos muros, duns doce metros. Tamén chegar ata a torre da homenaxe, gozar do foso -duns seis metros de ancho e sete de profundidade- e moverse polas estancias da servidume e as cabalerizas.
O castelo, polo menos durante o verán, pode coñecerse en visitas guiadas de 45 minutos de luns a domingo de 10 a 13 e de 16 a 19 horas. Para os menores de 6 anos o percorrido é gratuito. A partir de 7, custa un euro e medio, e os maiores de 13 pagarán dous e medio.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.