Enriba d’un outeiro, coma unha verde cróa,
ergues a redondez do teu poider barudo,
e na noite fechada dentro de tí resóa
o rumor belicoso d’un exército rudo.
Inda parez que gardas seguras esperanzas,
pra os tranquilos labregos que están ás túas veiras,
de que has de defendere, c’os picos das tuas lanzas,
as cosechas amabres das fecundadas leiras.
Inda vibra a tua y-alma c’o fragor do combate,
e con guerreiro ardore o teu corazón bate.
El-o espírito forte que eternamente vela
sobre do chan galego que dorme confiado
o loitadore de ánimo valente y-esforzado
que co-as armas ao lombo está de centinela.
GONZALO LÓPEZ ABENTE
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.