Narón inaugura hoxe o seu Pazo da Cultura, unha instalación con capacidade para 900 espectadores que conta co espazo escénico máis grande de Galicia.
Máis de 1.000 rapaces participan cada mes en actividades organizadas polo Padroado de Cultura de Narón, que mantén dende hai máis de vinte anos escolas de practicamente todas as disciplinas artísticas tradicionais, dende o solfexo até o teatro ou a danza. Ter feito da cultura un dos eixos principais da súa acción política fai que hoxe, na comarca, milleiros de persoas teñan pasado por algunha escola de Narón ou polos seus escenarios. Por isto o acto de inauguración quere ser unha homenaxe aos profesores e alumnos, técnicos e directores, que integran o Padroado da Cultura de Narón.
O Pazo da Cultura conta con espazos adicados ás escolas de música, danza e teatro, un espazo para exposicións, salas de ensaio, un café-teatro e o grande espazo da escena, que comenzará a funcionar de xeito interrompido dende mediados de mes e que substituirá ao Auditorio para os grandes espectáculos.
O Narón Gospel Festival, do 17 ao 20 de decembro no Pazo da Cultura
Josua Nelson and The Klezmatics son os encargados de inaugurar o festival o vindeiro día 17. Este septeto, Premio Grammy ao mellor disco World Music con Wonder Wheel, e recoñecidos internacionalmente dentro do xénero, deron un xiro revitalizante a este estilo de música. Cunha clara influencia da tradición xudía da Europa do Leste, incorporan temas provocativos que falan dos dereitos humanos e os antifundamentalismos, misturando e fusionando o gospel co punk e os ritmos árabes, africanos e balcánicos. Levan dúas décadas ofrecendo concertos, grabaron seis discos cheos de espírito e dunha provocación que fai reflexionar, e sobre todo redefiniron a tradición. Na súa bagaxe profesional colaboraron cunha grande cantidade de artistas, participaron coa súa música en obras de teatro, en cine, danza e proxectos televisivos, incluindo a súa interpretación co gañador do Pulitzer Tony Kushner e o seu A Dybbuk and It's an undoing world.
The Brotherhood Singers
O día 18 subirán ao escenario The Brotherhood Singers, cunha perfecta execución do gospel máis tradicional e un repertorio adaptado aos gustos máis contemporáneos. Quinteto masculino que interpreta os seus temas nun xenuino estilo a capella e que son gabados pola súa interpretación de clásicos do gospel como Go down moses ou Swing low sweet. O seu expresionismo interpretativo e unha gran personalidade escénica son as súas mellores armas cando soben ao escenario.
Tye Tribbett Et G.A.
Este grupo formado por 23 compoñentes é orixinario de New Yersey e está dirixido por Tye Tribbet, cantante, compositor, director e multi instrumentista. A súa rápida e crecente carreira musical iníciase sendo a banda de apoio para Faith Hill na súa xira de 2000. Dende ese momento realizaron numerosas actuacións e gravacións e colaboraron con artistas do talle de Will Smith, Justin Timberlake ou Sting. Fusionan a tradición gospel co pop, jazz ou neosoul, aspecto que lles dá un sitio preferente no panorama musical deste xénero. O grupo foi nominado dúas veces aos premios Grammy á Mellor Música Contemporánea Rhythm and Blues/Gospel e á Mellor Actuación Gospel.
Mississippi Mass Choir
A música deste grupo pechará o día 20 o festival no Pazo da Cultura de Narón. Grupo fundado hai vinte anos por Frank Williams, membro dos lexendarios Jackson Southernaires, recibiu numerosos premios pola súa contribución ao gospel, entre os que se atopa un Grammy ao Mellor Coro de Gospel en 1997 e varias nominacións tres anos máis tarde. Dende os seus inicios acadaron rapidamente o éxito, tanto que cinco meses despois de saír á luz o seu primeiro álbum The Mississippi Mass Choir Live, xa ocupaban o primeiro posto na lista de música gospel de Billboard. Ademais contan no seu bagaxe con numerosas xiras por moitos países europeos, Xapón e América Latina. En España actuaron en escenarios de San Sebastián, Madrid e Barcelona, onde encheron o Palau da Música. En 2006 presentaron Singing Gospel Christmas, un programa enteiramente adicado a cancións de nadal que de seguro interpretarán o día 20.

eu non sei se o alcalde prevaricará ou non, o que si sei é que a partir de hoxe imos ir de seguro máis dunha vez a un concerto neste pazo. É unha obra sen precedentes na comarca que debemos aproveitar. Se cadra o de ter que moverse a Vigo, Pontevedra, Madrid ou Barcelona a ver un concerto dun grupo potente está tocando ao seu fin. Parece que en Narón a cultura si importa, a de dentro e a de fóra. Cantos pazos da cultura se poderían ter feito nas Pontes co finanzamento de endesa, e voaron en proxectos lixo-arquitectónicos, como a Ponte dos Cornos, a dos Chaos, a pseudoestación de autobuses, etc...?
ResponderExcluirSe o Pazo da Cultura de Narón e prevaricación (como din algúns), eu prefiro a prevaricación de Narón e non a das Pontes.