30/12/2008

A "machada" do teatro romano de Sagunto



Esta fin de semana pasada tiven a sorte de visitar o conxunto histórico de Sagunto en Valencia. Teño que dicir que xa estivera con anterioridade no lugar, pero como era case de noite apenas puiden ver nada. Desta volta co horario en man e acompañados dunha chispeante orballada visitamos as ruínas do castelo, o teatro romano, o barrio da xudería, e o museo arqueolóxico.



Xa na anterior ocasión que visitaramos a vila, puiden ver un gran muro de pedra caliza sobre a estrutura orixinal de pedra do teatro romano, así como diferentes estruturas metálicas ancoradas no muro de pedra caliza. Esta imaxe semellábase moito a algunhas que a miña retina tiña almacenadas da Galiza.



Había ademais, ao longo de toda a rúa que conduce ao castelo, varias pancartas de colectivos e asociacións veciñais con reinvindicacións como: PER UN PATRIMONI DIGNE ou RECUPEREM EL PATRIMONI HISTORIC. Sonábanme tanto estas reinvindicacións que non me resistín a preguntarlle a algún saguntino, para que me informase ao respecto.



Parece ser que en 1983, dous recoñecidos arquitectos iniciaron o proxecto de restauración do teatro romano. Pero este non foi levado a cabo nas mellores circunstancias nin con suficiente rigor e respecto ao Patrimonio.



Por unha banda a administración forzou a marcha da intervención, con certos intereses políticos. Por outra, os dous recoñecidos arquitectos non aplicaron rigorosamente nin a Lei de Patrimonio, nin unha sistemática axeitada ao monumento, que de xeito inxustificado se viu transformado e cuxa reconstrucción foi dubidosa en canto aos aspectos constructivos.



A comezos do 2000 a intervención denúnciase e os tribunais interpretando a lei de Patrimonio de 1985 determinan que a operación sexa derrubada devolvendo ao edificio o seu estado orixinal.





Agora a sociedade da vila de Sagunto, atópase dividida. Uns colectivos apoian a intervención e outros rexéitana. O que está claro e que a sentencia erra na obligatoriedade do derrube, co fin de conseguir a reversión da actuación. Reversión que lamentablemente, segundo os técnicos afirman, é xa imposible sen danar aínda máis a estrutura orixinal.



Levarán adiante a execución da sentencia? Gastarán outros 6 millóns de euros en derrubar para danar aínda máis unha estrutura xa de por si alterada? Onde están as responsabilidades políticas e técnicas do proxecto de restauración?

Canta máis especulación?

Um comentário:

  1. Anônimo1/05/2009

    Xa daquela cando fora o de Sagunto levara bastante balbordo e aparecerá ainda no INFORME SEMANAL -como sucedeu agora con Numancia- o cal nos debe dar un pequeno apontamento do que pode pasar con ese outro xacemento dentro duns cantos anos, pero claro esta con algo menos solucionable como son unhas "estéticas vistas" a un poligono industrial, cando suceden cousas así -que soe ser a miudo- preguntome en que outro país da Europa se tería permitido facer o que se fixo con Sagunto, o que se quere facer co entorno de Numancia o que xa se fixo coa Mourela e se esta facendo noutros pequenos xacementos. Fai case 4 anos no me concello a actual corporación municipal ocuriuselle facer unha pista polo medio, ou mellor dito derriba dun bosque de riveira, unha pista na que lles molestaba precisamente a única ponte románica de todo o municipio por sorte da quela esta quedou so cun pequeno "chante" de esvadora, grazas aos veciños que lles pararón os pes e o Seprona que chegou a tempo ... E ademais a obra municipal non tiña -non lla derón- licencia da Xunta.

    Que pais.

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.