02/03/2013

Mais de 4000 pezas arqueolóxicas celtiberas expoliadas son incautadas


Un xubilado expoliou 4.000 pezas Celtíberas

Barcelona 2-03-2013
J. Duva & J.A. Montañes

A Garda Civil detén a un xubilado que desvalixou en 20 anos xacementos de Zaragoza e Soria. A operación está vinculada coa venda de cascos de bronce exportados ilegalmente

Un modesto detector de metais ao alcance de calquera afeccionado e moita dedicación. Con esas dúas armas de aparencia inocente, Ricardo G., de 60 anos, xubilado e que vivía actualmente dun traballo relacionado coa recollida da trufa, levou a cabo uno dos maiores espolios dos que se garda memoria en España. Durante 20 anos desvalixou xacementos próximos ao seu domicilio en Aranda de Moncayo (Zaragoza). Sobre todo, na cidade celtibérica de Arátikos, pero tamén en Tiermes e nos arredores de Numancia, ambos en Soria.

Do sistemático latrocinio deu noticia hoxe a Garda Civil, que detivo a Ricardo G. (para deixalo en liberdade tras declarar ante o xuíz) e incautouse de máis de 4.000 pezas arqueolóxicas de diferentes épocas, sobre todo celtibéricas, como parte da Operación Helmet (casco, en inglés).


A denominación non obedece ao azar. Despois de todo, do fío das actividades de Ricardo G. púidose comezar a tirar por uns cascos, en concreto 18 pezas de bronce de excepcional valía, producidas en España entre os séculos IV e II a. C., e saídas do país de forma ilegal para acabar en mans do industrial e coleccionista Axel Guttmann. A alarma déraa en 2008 o museo Römisch-Germanisches-Zentralmuseum (RGZM), na cidade alemá de Maguncia. Foron as súas autoridades as que denunciaron a poxa do valioso lote.


O pasado verán, a Fiscalía de Medio Ambiente e Urbanismo, directora da operación, coñeceu que se ía a realizar a cuarta poxa en Alemaña con outro conxunto de tres cascos. De novo, sorprendía o seu aspecto impecable, moi distinto do precario estado de conservación das pezas atesouradas nos museos españois.

Tras as primeiras investigacións, axentes do Seprona e da Unidade de Patrimonio Histórico da Garda Civil localizaron o lugar do espolio: algún punto da xeografía aragonesa. Foi cuestión de tempo dar co presunto autor. No rexistro de tres domicilios acháronse as 4.000 pezas arqueolóxicas incautadas. O material recuperado foi trasladado a Madrid e o detido recoñeceu que nun 90% as pezas proviñan de Arátikos. O resto saíu de Tiermes (no termo de Montejo de Tiermes) e arredores de Numancia (Garray).



O tesouro recuperado está no seu maior parte relacionado co enxoval propio dos enterramentos guerreiros: pectorais, puntas de frecha e espadas, corazas, fíbulas, exvotos, xoias e algunhas cerámicas, segundo a Garda Civil, que tamén confirmou a presenza de fragmentos de cascos. O presunto expoliador vendía as pezas no mercado negro. A maioría ía parar ás mesmas mans: as do ávido coleccionista e magnate alemán da construción Axel Guttmann.

Cando se puxo á venda a súa enorme colección, o museo de Maguncia denunciou que entre os obxectos había pezas procedentes de España exportadas ilegalmente. A fiscalía de Múnich retívoas e solicitou ao Goberno español que reclamase a súa lexítima propiedade en tres meses. Non houbo resposta. En 2009, 2010 e 2012 volvéronse a poxar novos lotes. E reproduciuse a secuencia: denuncia do museo e inacción das autoridades españolas.

Raimon Graells, investigador do museo alemán, confirmou este venres, a partir das fotografías difundidas, que as pezas pertencen ao horizonte cronolóxico e xeográfico dos cascos cuxa venda denunciou. "É importante que o detido sitúe a procedencia. Sen o contexto, os materiais perden o 50% do seu valor". De quen non houbo demasiadas noticias foi das autoridades advertidas en varias ocasións do posible espolio. Tanto Cultura como o Goberno de Aragón esperarán a coñecer máis datos antes de pronunciarse.

Quizá todo esto sirva al menos para colmar las aspiraciones de María del Rosario Cabrera. La alcaldesa de Moncayo de Aragón (223 habitantes) solicitó hace meses la declaración de Bien de Interés Cultural para el yacimiento predilecto de Ricardo G.


Postaxe relacionada:  Cascos celtiberos subastados ante a pasividade do goberno

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.