Unha réplica permitirá no 2012 coñecer o interior de Dombate
La Voz
Carvallo, 1/9/2011
Cristina Vin
A Deputación sacou a concurso a construción dunha neocámara
A principios do próximo ano, as persoas que visiten Dombate terán a oportunidade de coñecer o interior do dolmen. Os curiosos seguirán sen poder acceder á cámara, pero terán a oportunidade de entrar nunha réplica exacta en, co que poderán ver todos os detalles das pinturas e os gravados. Tamén poderán darse conta da amplitude deste monumento prehistórico.
A Deputación sacou de novo a concurso a construción desta instalación, que deberá realizarse tomando como base o documento xeométrico de alta definición que realizou hai pouco máis dun ano o laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CESIC). O estudo permitiu crear un arquivo dixital de cada unha das laxas. A neocámara está valorada agora en preto de 95.000 euros e as empresas interesadas teñen un prazo dun mes para presentar as súas propostas. A principios de maio saíron a licitación o seis traballos pendentes no xacemento. A réplica estaba valorada entón en pouco máis de 86.000 euros.
O traballo que se contratará é extremadamente delicado. Con resina de poliuretano haberá que reproducir cada unha das laxas que compoñen a cámara e boa parte do corredor de Dombate. A neocámara, que se instalará no centro de recepción de visitantes, é un dos proxectos pendentes para a conclusión do proxecto de rehabilitación do dolmen. Outro é a reconstrución do corredor, e está incluído no plan de restauración e escavación do xacemento. Trátase, basicamente, de devolver á súa posición orixinal algunhas laxas que están desprazadas. Unha delas é a que cubría o acceso. Para pola no seu lugar haberá que ver os resultados do estudo de consolidación das paredes, para ver se pode volver soportar o peso.
Outra iniciativa é a conservación das pinturas, principal motivo polo que se construíu o pavillón. Tamén se terá que dotar de mobiliario o edificio de entrada e instalar unha estación microclimática para controlar a humidade e a temperatura.
I've seen things you people wouldn't believe.
ResponderExcluirAll those ... moments will be lost in time, like tears...in rain.
Bem puido tal dizer o velho dolmem, bem puido se as pedras falarem
ResponderExcluir