Recollemos aquí a nota de prensa que MariñaPatrimonio nos achega sobre unha nova agresión ao patrimonio arqueolóxico na zona da Mariña
Nota de prensa de ADEGA e MariñaPatrimonio en relación coa denuncia presentada por posibles danos ao Patrimonio nos concellos de Viveiro e Xove(Lugo).
ADEGA e MariñaPAtrimonio denunciamos perante O Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza e o SEPRONA posibles danos provocados nos xacementos arqueolóxicos de o castro do Castelo de Celeiro (Viveiro) , o castro do Coto da Vela e un castro próximo a Pereiraboa, ambos en Xove. Estes danos son consecuencia da tala e posterior plantación do monte de eucaliptos con maquinaria pesada.
Dende estas asociacións comprobamos como nos citados xacementos arqueolóxicos se fixeron remocións de terra con pas mecánicas para a apertura de novos camiños, chegando mesmo a cortar os parapetos de defensa dun castro. Estas remocións de terra con medios mecánicos tamén se levaron a cabo na posterior replantación do monte, que deixou á vista restos arqueolóxicos: cerámica, muíños... que evidencian os danos provocados nos xacementos.
Unha vez máis preguntámonos onde están os poderes públicos, Concellos e Xunta, que por lei teñen a obriga de velar e protexer o Patrimonio que é de todos.
Non deixa de ser paradóxico que o poder público coa máxima responsabilidade na defensa do Patrimonio, a Xunta de Galiza, sexa a mesma que autoriza as talas con maquinaria pesada en xacementos arqueolóxicos inventariados, sabendo a destrución que provoca o uso desta maquinaria.
Estes danos no Patrimonio son habituais; existen informes que demostran como estas prácticas forestais ocasionan a maioría das destrucións que sofre o Patrimonio de Galiza.
Dende ADEGA e MariñaPAtrimonio agradecemos a colaboración cidadá e animamos para que sigan informándonos sobre estas desfeitas e así intentar entre todos poñer freo á destrución do noso Patrimonio.
mais información en: MariñaPatrimonio

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.