25/05/2011

II Xornadas Mouras (1ª parte)



II XORNADAS MOURAS
As Pontes, decembro de 2010

1ª parte: "Unha ruta cultural no Ortegal" - Carlos Otero Vilariño
Intervención a cargo de Carlos Otero Vilariño, arqueólogo, membro do LPPP Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento do CSIC, onde desenvolve o seu traballo como técnico de investigación dirixindo a Unidade de Cultura Científica, que orienta os seus intereses á difusión do Patrimonio Cultural e a fomentar a participación da sociedade no proceso de produción de coñecemento e na protección do patrimonio.

Entre 2000 e 2003 dirixiu diversos traballos dentro do programa de colaboración entre o LPPP e a Fundación Ortegalia, entre os que podemos destacar pola súa relación con estas xornadas a elaboración dun proxecto de posta en valor do Camiño dos Arrieiros como itinerario cultural, ou as intervencións arqueolóxicas nos xacementos de Forno dos Mouros e no castro de Punta dos Prados (Ortigueira).

O estudo sobre o Camiño dos Arrieiros, titulado "Unha ruta cultural no Ortegal" (dispoñible online) é sen dúbida un primeiro paso para a posta en valor da paisaxe do noso territorio, considerando os vestixios do pasado como parte integrante do mesmo e partindo da análise da súa dimensión temporal, empregando como fío condutor o proceso de cambio e a humanización do medio dende a prehistoria nun entorno natural excepcional como o constituido polas serras Coriscada e Faladoira.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.