30/06/2010

Cae un dos muros atopados nas escavacións arqueolóxicas do Castro da Atalaia

MariñaPatrimonio vén de comunicar á Dirección Xeral de Patrimonio a deterioración que se está a producir no xácigo arqueolóxico do castro da Atalaia en San Cibrao (Cervo).

O recente temporal de choivas, que afectou de maneira especial á Mariña, provocou a caída dun dos muros atopados nas últimas escavacións arqueolóxicas.

Antes do temporal


Despois do temporal

MariñaPatrimonio demanda que a Dirección Xeral de Patrimonio tome as medidas oportunas que garantan a protección e a conservación do xácigo, tal e como contempla a lei.

LEI 8/1995, DE 30 DE OUTUBRO, DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA
TÍTULO II
REXIME XERAL DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA
CAPÍTULO I

REXIME DE PROTECCIÓN E CONSERVACIÓN
Artigo 25. Deber de conservar.
2. Os poderes públicos garantirán a protección, conservación e enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia.

Desde a asociación instan ademais, a que de maneira urxente se adopten medidas de consolidación e conservación das estruturas do castro para evitar que poidan producirse máis desperfectos neste valioso xácigo.

Um comentário:

  1. Había xa tempo que non entraba nesta páxina e vexo que mellorou moito en deseño. Así que noraboa.

    Indo á noticia en si, coido que volvemos á leria de sempre. É evidente que quen promoveu a obra que derivou nunha escavación arqueolóxica debe facerse cargo do custos da conservación do patrimonio arqueolóxico, ou máis ben que mantemento, de que non sufran estragos, como é o caso.

    É evidente que ten de ser a xunta, ou o concello de Cervo, quen faga cumprir a lei que moi ben apuntades.

    Cando virá a cordura?

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.