12/04/2009

Descubren un chicle de fai 7.000 anos baixo o aeroporto alemán de Leipzig

Arqueólogos alemáns veñen de descubrir nas obras de ampliación do aeroporto de Leipzig-Halle un chicle que data de fai 7.000 anos e está feito con brea ou pez de bidueiro.


Os investigadores atoparon nas obras do aeroporto un cementerio neolítico que data do 5259 a.C. Unha das estruturas localizadas foi un pozo con paredes de madeira, no fondo do que apareceu o chicle, segundo revela Christoph Heiermann, do departamento de arqueoloxía do estado federado de Sajonia.

"Non sabemos exactamente o motivo de que os homes de entón mascasen algo así", engade o arqueólogo ao presentar o chicle, duns tres por dous centímetros, prácticamente fosilizado e con pegadas de ter sido mascado no seu día.

Tras comentar que o sabor da brea ou pez de bidueiro é especialmente desagradable, engade que "presumiblemente engadían aos seus chicles aromas de herbas ou especias para darlles mellor sabor".

O experto revela que a brea ou pez de bidueiro, que se obtiña ao cocer a cortiza desta árbore, era empregada polo home prehistórico coma un pegamento para, entre outras cosas, fixar as puntas das frechas.

Por isto presumen que quen cuspiu o chicle no pozo fai 7.000 anos, abrandou a brea na boca para algunha laboura e, rematada a tarefa, desfíxose do sobrante pola vía máis rápida.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.