28/04/2009

Denuncian destrozos no Camiño Primitivo de Santiago

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, e a Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde (Lugo) veñen de presentar unha denuncia ante a Xunta de Galicia e o SEPRONA solicitando a rexeneración dun tramo dun quilómetro do Camiño Primitivo de Santiago entre as poboaciones lucenses do Fornelo e San Xoán do Alto.

Así, ás portas do novo Ano Santo 2010, ambos colectivos piden ao Goberno autonómico que leve a cabo unha serie de accións de mellora no treito e denuncian a "pasividade" e "irresponsabilidade" dos poderes públicos á hora de defender un itinerario de "alto" valor turístico, ambiental e patrimonial.



Dende estos colectivos denúnciase que se está a perpetrar unha agresión "de grande impacto" neste tramo do camiño antigo, chegando a acusar o seu "soterramento" e denunciando os danos ocasionados ao realizar obras con maquinaria pesada na zona. Por outra banda, tamén apuntan á "desaparición total" da vexetación autóctona, a instalación de peches, ou a colocación de postes de cemento "coa intención de atrancar ou impedir o libre tránsito", explican.



Deste xeito plantexan que se recuperen os terreos do itenerario que foron apropiados e ocupados, para permitir o seu uso "como ben público". Ademáis, instan ao novo executivo a tomar medidas cautelares "urxentes" que impidan a "completa" destrución da calzada.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.