30/04/2009

A A.VV. de Rañobre pide protección para as tumbas atopadas nas obras do Porto Exterior

A construción dun camiño perimetral nas obras do Porto Exterior da Coruña puxeron ao descuberto, a 200 metros do castro, unha zona que polas súas características parece corresponderse cunha construción funeraria.

Un equipo de arqueólogos atópase traballando na zona para tentar de recuperar tódolos restos, ademáis protexeuse o achádego con materiais plásticos e púxose en coñecemento do Ministerio de Cultura.

A asociación de veciños de Rañobre púxose en contacto tamén coa Autoridade Portuaria para pedir a protección destes achádegos e solicitar o seu estudo por expertos.

José Suárez Dans membro da directiva da asociación veciñal indicou á Voz de Galicia que se as análises son positivas pódense desenrolar dúas fórmulas de actuación. Unha delas pasaría por recuperar os restos e trasladalos a unha zona de exposición como se fará co Castro de Cociñadoiro, descuberto no outro extremo da obra ou valorar a posibilidade de modificar mínimamente o proxecto e manter a suposta área funeraria logo dos traballos de reconstrución.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.