17/03/2009

Novas destrucións no xacigo arqueolóxico do Castro da Atalaia en Cervo

Fai uns dias recibin un correo dun compañeiro de mariñapatrimonio, as novas sobre a Atalaia eran as mesmas, novas destrucións que se producían hai só un par de semanas ante a pasividade das autoridades competentes. Neste caso o Concello de San Cibrao perde credibilidade cando insinúa que a situación actual xérase por mor da ineficacia da Dir. Xeral de Patrimonio Cultural, que permitiu nun primeiro momento os traballos neste xácigo arqueolóxico. Lonxe da identificación de responsábeis coido que este video aporta documentos e testemuñas interesantes para coñecermos un pouco mellor a historia do lugar. Aí vos queda o traballo realizado polos compañeiros de TeleLugo.



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.