Opinión de A Coruña
O Labirinto do Alquimista
Felipe Senén López Gómez
1/02/09
O tempo coa súa dobre faciana -como a do deus romano Xano, que lle da nome a Xaneiro- cronolóxico e climatolóxico, sempre dará que falar. O tempo é o asunto máis socorrido cando non se ten nada que dicir. E arredor del nacen e medran teorías centíficas e tamén un sinfín de tópicos, refráns e contos que cada día se estandarizan máis. Argalláronse formas de representalo e predecilo, máis pola experiencia que pola ciencia. Añoramos sobre a parede do cuarto a silueta recortada en cartón do frade coa variña e a capucha, os mentideiros verdadeiros, o Gaiteiro de Lugo, o Zaragozano e outros, case catecismos con sabias recomendacións e citas para ir levando os días do ano, que se ofrecían polas feiras... Agora as predicións fanse dende televisivos presentadores, interpretando case un baile de claqué diante dos mapas de isobaras, ate os variados pronósticos das páxinas internáuticas. As Catro Estacións, os Catro Elementos, inspiraron unha chea de metáforas, mitos e temas de arte arredor de deuses e sofridores mortais. E de cando en vez a ledicia do Arco da Vella, como un pórtico de arte cinética, abrindo a todas as esperanzas da cor e da luz. Por algo será, i é por ser os principios da vida, os que poñen a proba canto facemos. Aire que respiramos que se fai vendaval ou agradable brisa, o sol, soave ouridourado das alboradas e seráns, mais sen piedade nas raxeiras do verán, a chuva sumándose ás treboadas para nutrir ós pais ríos e ás nais fontes, e a Terra que nos sustenta, hosamenta ou pel que se fai chan que, por aquí e moi de cando en vez, tamén trema cando forzas interiores o obrigan, fecundado para dar frores que serán froitos e novamente sementes.
O camiño do planeta Terra, nas súas rotacións e translacións de buxaina, debuxando croques polo Cosmos tamén da as súas impredicibles solpresas. Moito está escrito ó respecto e algúns xogaron a ser profetas e magos, a inventar vingativos deuses carraxentos ou bondadosamente pánfilos, especialmente nestes nosos confíns, tradicionalmente de crenzas e altares animistas, panteistas, onde se rezan responsos a San Antonio, a Santa Bárbara, a San Telmo e a todo o coro celestial.
E velaí, sempre se dixo que na capital, que "en Compostela a chuva é arte", esfianchar de auga a xogar coas badaladas e as sombras, a petar nas torres e sobre as chemineas, a trousarse a chorros polas fauces das monstruosas gárgolas. Que na Coruña aniñan todos os ventos atlánticos, que o cataventos do Obelisco baila a todos os soplares, como aqueles muíños de vento que coroaban os outeiros a competir co escintilar de luz do Faro de Hércules... Dícese que as neboeiras do inverno e as raxeiras do verán acougan na cidade das Burgas, que as murallas romanas de Lugo foron feitas para servir de cobertor contra as xeadas para acoller a cidade do Sacramento...e que os Catro Elementos se conxugan en harmonias nas Rías Baixas, entre camelios e limoeiros...
A climatoloxía comandada polos seus fenómenos meteorolóxicos contribuíu a dar unha resposta, a debuxar unha cultura e unha identidade: das corozas ó impermeable ou o gabán, o paraugas e os paragueiros, a boina persoal, pero tamén aldeas de casiñas apretadas en rolda, quinteiros, alpendres, igrexarios ben coutados e protexidos, eiras rodeadas de hórreos coroados por símbolos relixiosos, pese a ofrecerse abertos para recibir canto veña... e cidades solidamente construídas, en pedra, de casas asoportaladas para o paseo e ben teitadas, onde ese brutalismo case megalítico das paredes segue a facerse simbiótico coa paisaxe, aínda que os templos atrévense ó desafío e erguen ó ceo torres que son como oracións, contrúense pontes que cos seus lixeiros arcos peitean ríos de correntes fartas e seguen a resistir o que ofreza a Historia. Sólidas obras que a mitoloxía popular podía decir "feitas nunha noite polo diaño", non sendo máis que comprobantes da sabedoría constructiva popular. Cousas semellantes ás que pasan por aquí, ou peores, tamén acontecen entre os rañaceos de Manhattan, de Hong-Kong ou Sidney, como entre de tantos mundos prehistóricos que aínda hai... Os que pousamos sobre o planeta Terra non nos liberamos das solpresas dese seu roular. E para eso compre experiencia, prepararse con vellas e novas tecnoloxías.
Cada tempo co seu tempo, en diferentes ritmos e intensidade, a xogar coas espectativas, coas prediccións centíficas e tamén coas intuicións dos supervivintes i experimentados magos populares. Os Catro Elementos poñen a proba canto está feito e a paciencia de cada quen... falta electricidade, auga...voltamos a poñer os pés no chan, sobre o humus, a tona do planeta Terra. Nalgures cumprirán pes de chumbo para aturar, noutros preciariamos azas pra voar... a intelixencia e a cultura técese para vivir solidariamente, preparadaos para canto no ESPAZO trae ese outro principio da teoría da relatividade, o TEMPO.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.