20/03/2013

Mariña Patrimonio descobre unha importante explotación aurífera romana na mariña lucense

mrpatrimonio
20/03/2013
A Mariña

Mariña Patrimonio vén de descubrir nos lugares de As Covas (Barreiros) e A Espiñeira (Foz), a existencia de restos do que noutrora foi un gran complexo mineiro.

A morfoloxía do lugar e o tipo de solo, terrazas aluviais, indicaban que podía tratarse dun xacemento mineiro romano e destinado á extracción de ouro.

Mariña Patrimonio contactou co arqueólogo de recoñecido prestixio e especialista en minería antiga, Santiago Ferrer Sierra, quen confirmou in situ que sen ningunha dúbida estamos ante un importante complexo mineiro de época romana e que tanto na Espiñeira coma nas Covas extraeuse ouro hai dous mil anos.

Restos da explotación aurífera de Foz

Destacou a trascendencia do achado e sinalou que se trata da primeira explotación mineira romana da que se ten noticia na Mariña, onde arqueólogos e historiadores pensaban que non existían este tipo de explotacións.

Ferrer fixo fincapé na magnitude do xacemento arqueolóxico e no bo estado en que chegou a nós; asimesmo destacou a importancia de conservalo e protexelo.

Na visita ao xacemento de A Espiñeira, xunto co arqueólogo e membros de Mariña Patrimonio, tamén estivo o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, con quen se conversou sobre as grandes posibilidades que ofrece o lugar para ser visitado, o que atraería un turismo cultural que complementaría a oferta turística da Mariña.

De esquerda a dereita, o arqueólogo Santiago Ferrer e o alcalde de Foz Javier Castiñeira

Este novo xacemento constribúe a reforzar a idea do rexidor de Foz de recuperar o veciño castro de As Engrobias.

Mariñapatrimonio comunicou este novo achado ao Servizo de Patrimonio da Xunta e solicitou a súa inclusión no Inventario Xeral de Patrimonio.

MÁIS IMAXES


Um comentário:

  1. Anônimo5/23/2013

    Fellas, future time you buy the tablet, check with your companions when they want one.

    This should double up the sale from the anti-impotence treatment Cialis.
    A latest finding indicates which the erectile
    dysfunction capsule that has pepped up the sexual lifetime of adult males is proving to become
    effective in case of gals struggling from a sexual disinterest.

    The investigate underlines the drugs will work for ladies about it does in case of men
    otherwise additional.

    Here is my blog post; buy cialis online

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.