14/01/2011

O gaiteiro pontes O Freixo presenta o seu primeiro disco aos 92 anos de idade


Aos seus 92 anos, Manuel Castro, máis coñecido como Freixo , segue namorando ao público coa sua gaita. Este sábado farao na Casa Dopeso das Pontes, onde o popular gaiteiro da vila mineira presentará o seu primeiro disco, que leva o seu nome. As pezas do traballo, entre as que destaca a famosa muiñeira de Freixido -que chegou a Hollywood, escoitouna Charlton Heston, ambientou Tresaure island, interpretada polos The Chieftains, co seu Paddy Moloney, peza que esoitou por vez primeira en Ortigueira, interpretada por bandas de gaitas galegas, froito das recollas dos 70 e 80, realizadas fundamentalmente por Berce e Santiago Caneiro, que desde Ferrol ata o Caxado, atesouraron esa alfaia que e cerna da nosa identidade cultural. A peza atribuida a Gumersindo de Freixido, será interpretada maña entre outras polo dúo Bicarelo e polo propio Freixo. Ali estaremos os da horadosmouros para recoller testemuña deste gran dia para a musica tradicional do pais.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.