Obra do autor pontevedrés Leopoldo Nóvoa, asinada en 1982 e que emprega técnica mixta/tea. Trátase da estructura dun cromlech, un relevo e unha banda de luz con mecates e puntas. As enerxías e tensións dos elementos reais incorporados á tea coordínanse coas calidades propias da pintura, cor, textura e contido simbólico, captando a beleza da luz sobre a escuridade do fondo e mais evocando a comunidade primitiva simbolizada pola arquitectura do cromlech, cunha fermosa alusión ós albores da civilización.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.