MariñaPatrimonio informou ao Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura do lugar no que se atopa un novo xacemento arqueolóxico do Paleolítico inferior.
A semana pasada MariñaPatrimonio púxose en contacto con Patrimonio para informar sobre o achado casual duns útiles líticos nunha terraza fluvial do río Covo, río que desemboca en San Cibrao (Cervo).
Na xornada de onte o arqueólogo da Consellería de Cultura, acompañado por membros de MariñaPatrimonio, achegouse ao lugar para recadar información sobre a zona e recolleu 12 útiles líticos, entre os que se atopan raedeiras, fendedores e bifaces. Este tipo de útiles líticos, que poden ter unha antigüidade de 300.000 anos, son o testemuño máis antigo de presenza humana na Mariña.
Co achado deste novo xacemento, confírmase unha vez máis a enorme riqueza arqueolóxica e patrimonial do concello de Cervo.

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.