15/12/2009

Un ano de ahoradosmouros

Esta semana cúmprese un ano de vida deste blogue, que nacía un 13 de decembro de 2008. Durante todo este tempo 526 usuarios decidiron deterse por un intre neste recóndito espazo da Rede. Para eles o meu agradecemento.

Tamén quero lembrar a outros blogues que postearon algunhas das entradas aquí publicadas, como archetenrreiro.blogspot.com,amigus.org,sanvicenzodeelvinha.blogspot.com, amonteira.blogspot.com, mariñapatrimonio.blogspot.com

O feito de que o patrimonio cultural no noso país esté no punto de mira dos principais actores especulativos da nosa economía, e que este se teña convertido nos últimos anos nun escollo doado de solventar pese á lexislación en materia de salvagarda do patrimonio cultural e a unha débil pero complexa rede comunicativa artellada e financiada polos poderes públicos do país, lévanos a continuar coa nosa tarefa de difusión e denuncia da situación de indefensión que padecen os elementos arqueolóxicos galegos. Lonxe de pretender mudar esta situación, se polo menos este blogue pode botar luz e verdade onde só hai escuridade e terxiversación, xa me dou cun canto nos dentes.

Agardo que este novo ano que escomeza, sexa para todos nós e para o noso legado mellor do que tiveron sido os anos precedentes. Bo ano a tod@s.

Um comentário:

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.