O Patronato do Museo Etnográfico da Capela ven de convocar a segunda edición do premio de investigación "Ferro Caaveiro" en memoria do que foi mestre capelán da arquitectura galega no s. XVIII.
Os traballos deberán versar sobre o patrimonio cultural (etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico) da Capela e a súa comarca.
Os premios serán en metálico e ascenderán a unha contía de 500 € para o 1º Premio, 300 € para o 2º, e 200 € para o 3º. Ademais os traballos premiados serán publicados nun monográfico da revista "O Retorno", que edita o propio museo.
O prazo de presentación remata o día 31 de agosto.

+ INFO: http://www.museodacapela.org/
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.