06/06/2009

O filme HOME pódese ver en Youtube de forma gratuita ata o 14 de xuño

Estamos vivindo un periodo crucial. Os científicos afirman que só temos 10 anos para cambiar o noso modo de vida, evitar que os recursos naturais se esgoten e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra.

Xogámonos o noso futuro e o das seguintes xeracións polo que cada un de nós debe participar neste esforzo colectivo. HOME foi creada para facer chegar esta mensaxe de movilización a tódolos habitantes do noso planeta.

É por isto que o filme HOME é gratuito, grazas ao apoio do grupo PPR e á distribuidora Europacorp, que ofreceron o seu apoio de forma desinteresada.

Preme na imaxe para ver o filme

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.