Opinión de A Coruña
O Labirinto do Alquimista
Felipe Senén López Gómez
25/01/09
Asabedoría popular busca remedio pra todo e así se debuxa a cultura dun pobo. O tempo de inverno ofrece atrancos e aínda así e dende moi antigo convócanse romarías en lugares sorprendentes, onde poñer a proba a inmorrente ansia dos seres humanos de querer ver, saber, sentir e xuntarse. Pois velaí que o almanaque tradicional galego ofrece feiras e romaxes ó longo de todo o ano e de todo o territorio. Un xeito de convocatoria, de mercadeo e consolidación do grupo arredor dun mito, da imaxe dun ídolo como escusa. Os ritos son necesarios. Detrás deles hai moita historia, a que debe saberse para dar pasos seguros de futuro retomando os vellos recursos. De todo os xeitos, que máis da? "hoxe nesta feira, mañán noutra feira... así vai indo a vida pasaxeira" cantaban na súa andaina os arrieiros.
San Xiao de Trebo celebra romaría no derradeiro sábado do mes dedicado ó deus romano de dúas faianas, Xano, Xaneiro. Días curtos e seguramente escuros, ventoados e chuviñosos para ir a ese principio-fin que ven a ser a ermida do Trebo no Concello de Cariño, a que abre á labiríntica e céltica ría de Ortigueira. Son os mesmos camiños que levan á sorprendente punta de Ortegal, un dos cabos da xeográfica pel de touro ibérica. Un mar incesante a bater encaixes de escumas contra os tres Aguillóns de cores cambiantes, namentres as aceirudas gavotas fenden o ceo co seu voo de tesoura e berros desartellados. Todo convida á visita, a enxergar, expresar os sentimentos e sentirse poeta. Paraxes do monte Gargacido, coroado por un castro e bretemosas lendas. Acougo pra meditación no Xogo da Oca que serpentea o Camiño dos Mortos, o que pola serra da Capelada, tripada polas bestas bravas, hoxe calvario de trebellos eólicos a pelexar cos ventos, leva a outro santuario considerado maior, o de Santo André de Teixido.
Os sabios locais, remedio para o tempo global, estudaron e deron a coñecer San Xiao de Trebo: Federico Maciñeira (1870-1943), patriarca da arqueoloxía galega, Ramón Bascoy, contribucións que iluminaron a Sánchez Drago para Una História Mágica de España; o sabio Chao Espiña, Rafael Usero, o que sigue as tradicións dos seus, animando á xente máis nova, como o Grupo Arrotreba. Por eles sabemos cousas como a que aquí contamos.
No mesmo lugar de Trebo no que se asenta a ermida atópanse restos dun asentamento romano, cecais un templo pagano. Gregorio de Tours, no século VI recomendaba poñer altares cristiáns sobre as aras paganas, facer pendellos para acollerse e permitir que a xente se xunte e faga festa... A inmediata e misteriosa Fonte da Moura e a Cova das Figueiras gardan lendas e misterios de pasado... Contan que, na noite de San Xoán vense rebaños de cabra, déixase escoitar un galo e que algún viaxeiro, lendo ó revés O Ciprianillo, deu con tesouros que se volveron contra el e enriqueceron a outros. Paraxes ás que asoma a osamenta de Galiza, formacións xeolóxicas que solprenden a xeógrafos de todo o mundo, acantilados de 620 metros de altura caendo sobre un océano Atlántico que se abre ó mar dos cántabros. Os nautas ó ollar os tres singulares Aguillóns, o Trileuco lapantiorum, as tres puntas brancas manchadas polo guano das gavotas, saben que deben decidir rumbo ó timón.
Manciñeira conta que dende tempos suevos este territorio formaba parte do arcedianato de Arros, que relaciona coa tribu céltica dos Arrotrebas, significado polo seu promontorio e mentado polos xeógrafos da antigüidade, Estrabón, Plinio, Ptolomeo, Avieno... nome do que cree parte o topónimo de Trebo. Concurrido santuario que aparece documentado dende o século XII, no XVIII o lugar xa contaba con catro casas, máis das que ten hoxe. A orde de cabaleiros hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, que non daba puntada sen fío, tiña prior dependente da encomenda de Portomarín para administralo, igual que o de Teixido, até a desamortización.
No acantilado asoman vestixios do pasado: figueiras, lendas de mouras, de galo, cabras tesouros... e a veneración do San Xiao é ben significativa: santo cunha biografía novelesca, cazador que por ciumes e sen sabelo de volta da caza mata ós seus pais que por el agardaban na súa cama matrimonial, pensando que a súa muller estaba con outro... o remoto pasado pagano está presente nun xogo de símbolos no decorrer do tempo máis difícil de entender.
San Xiao de Trebo é deses lugares nos que pousa o pasado, aínda hoxe ten o seu santeiro, como un novo mago Merlín, que cree nos miragres, ansioso de servir e que ten fe na pequena imaxe de madeira do San Xiao, con asa, que colle e impón, poñer o santo sobre a testa dos ofrecidos... Altar presidido pola imaxe do santo padroeiro, armado con escopeta (agora de bazar) e a pomba na man, e a da Virxe do Rosario como unha Venus de vestir, endomingada.
A romaxe de Trebo adiantaba o Entroido, as máscaras e as trouladas aparecían e seguían pola Candeloria, contan os vellos. Lugares e datas apartadas do común para unha festa, asociada o inverno e á noite, os fachóns de lume e á esperanza. Aquí a gaita e o pandeiro soan mellor, o polbo e a empanada, as rosquillas saben ó pasado.

SANTOS POLITICAMENTE INCORRECTOS:
ResponderExcluirNin unha soa palabra da lenda do santo en cuestión, xustiño o máis interesante, salvo as pedras romanas claro. En resume, "que ben fala" :-)
No post da visita a Capelada deste verán teño algunhas fotos da hermida, cunha restauración bastante discutible (senñas pracas conmemorativas incluidas -!!-, nun lateral por fora e derriba da porta por dentro, para máis inri cos nomes dos perpetradores da "restauración")e do santo coa sua escopeta de prastico (adipción moderna) para facer cadrar a imaxe coa lenda (santo cazador que mata aos seus pais por erro a escopetazos, pensando que eran a su muller e un amante, e logo arrepentido "fixose santo"). O que dirían nestes tempos desas cousas ;-)un santo metido en cousas de violencia doméstica, eso si non peor que o "Fernando III o Santo" daquela frase de "fue un rey, justo y cristiano e hizo guerra a los moros, por eso le llamamos Ferando III el Santo".
En fin, santos "politicamente incorrectos" :-)
Un Saudo
Grazas por poñer a imaxe do San Xiao,:-D, ao final non meterá nesa presentación outra foto que fixera na mesma visita do cartel contando a lenda do santo que hay ao pe da hermida, e no que copiaron o luk da estatuiña, e lles quedou un debuxo cun indisimulado toque ao BigoteArroce, realmente impagabel.
ResponderExcluirUn Saudo