Este Sábado día 22 de Xuño na Capela de Santa Maria na rolda da Muralla en Lugo, terá lugar unha xornada de palestras que levará por título de A Potencialidade do Patrimonio Lucense, Como? Cando? Porque?.
Os relatores serán Fernando Carrera director da Escola Superior de Restauración de Pontevedra, Carme Varela da Asociación o Sorriso de Daniel e Carola Parella restauradora do Museo diocesano de Lugo, o medievalista Ricardo Polin, e por Parte da Plataforma pola defensa do Patrimonio das Pontes, Xose Maria López Fernández e o que isto escrebe Marcial Tenreiro Bermúdez.
Durante a nosa intervención faremos un repasso ao que foi o proceso ?aínda non inconcluso- de destrución do jazigo arqueologico da Mourela.
As palestras están organizada por Anova Irmandade Nacionalista de Lugo e teran lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.