21/11/2011

Historias da Austeridade/Lentitude - Mogor

O centro de petróglifos de Mogor, acabado, pero sen plan de usos

La Voz
Marín, 17/11/2011
Marcos Gago

Cultura aínda non ten data de apertura e carece de proxecto museístico

A apertura do centro de interpretación dos petróglifos de Mogor, en Marín, atrasarase até o próximo ano, segundo sinalaron fontes da Consellería de Cultura. O inmoble está construído e rematado desde antes da tempada estival, pero a inauguración non ten aínda unha data aproximada. Esta será a segunda vez que se atrasa a apertura do centro desde o 2009, cando se prorrogou o convenio de Cultura co Concello por un prazo dun ano, amplamente pasado. O orzamento da obra executada superaba os 200.000 euros.

Dez anos
Un portavoz da Xunta explicou que falta por deseñar o proxecto museístico e dotar de contidos á exposición permanente que poderán coñecer os visitantes e veciños. O resto do proxecto, que consistía na renovación do itinerario con madeira está xa realizada no seu maior parte. A posta a piques deste local supón a fase final dun proxecto de rehabilitación de toda a ladeira e que comezou no ano 2001.

Mogor é un dos principais campos de petróglifos da provincia, sobre todo por albergar a Pedra do Labirinto. Este xacemento prehistórico está cualificado como Ben de Interese Cultural (BIC).

Os traballos de rehabilitación, ante o seu elevado custo, dividíronse en varias etapas, priorizándose a limpeza dos propios gravados, que foran obxecto de pintadas vandálicas. A continuación, escavouse o seu contorno, recolléndose datos científicos sobre o aspecto que tiña a ladeira. Tamén se retirou o cableado aéreo, demoleuse un depósito de auga que non se usaba na zona e retiráronse as plantas e árbores que supuñan un risco para a preservación do conxunto.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.