28/05/2009

MariñaPatrimonio continúa coas súas actividades co Ciclo Arredor do Mar

MariñaPatrimonio organiza unha nova actividade que se desenvolverá o vindeiro sábado día 30 de maio. Esta encádrase dentro do Ciclo Arredor do Mar e constará de dúas partes.

Na primeira, ás 17:30 horas, terá lugar unha visita guiada á Carpintaría de Ribeira de Fran en San Cibrao, ubicada no paseo marítimo (preto da Casa do Mar). Alí Fran explicará como se construian os pailebotes , os trincados, ..., o traballo dunha das familias que desde hai moitos anos se adicou á construción de barcos neste porto.

E a segunda parte desta actividade é a conferencia do historiador Dionisio Pereira González que, no Museo do Mar de San Cibrao, ás 18:30 horas, que leva por título O Noso Patrimonio Marítimo. Pereira é un historiador coruñés que na actualidade traballa como profesor de Ensino Medio. Xunto con A. Martínez, Manuel González Probados e X. Castro formou o Colectivo de Historia Xerminal. En 1994 foi nomeado primeiro presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, nacida o ano anterior en Ribeira. É autor de moitos traballos publicados en libros e revistas, entre as que cabe sinalar as seguintes: Actividades marítimas na Galiza contemporánea, 1996; O mar dos galegos no tempo de Manoel Antonio, 1996; Mariñeiros do Gran Sol: os últimos da fila, 1997; ou O Asociacionismo dos pescadores na Galiza de anteguerra: unha ollada de conxunto, 2004.

@s interesad@s en participar nesta actividade teñen os seguintes contactos á súa disposición para confirmar a asistencia:
616815120/690650542
mr.patrimonio@gmail.com

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.