Logo da denuncia presentada no mes de febreiro por Mariñapatrimonio perante a Dirección Xeral de Urbanismo polas licenzas concedidas polo concello de Cervo para a construción de tres edificios sobre o xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia de San Cibrao, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística dependente da Consellería de Ordenación do Territorio ven de solicitarlle ao Concello de Cervo toda a documentación relativa ás licenzas de obra concedidas no Castro da Atalaia a PROMOCIONES SAN CIPRIÁN, construtora do "Residencial Faro de San Ciprián".
Mariñapatrimonio considera que estas licenzas foron outorgadas con manifesto incumprimento da lexislación urbanística e lexislación do patrimonio, polo que requiren a intervención da autoridade competente en materia urbanística para que se leven a cabo as accións pertinentes para a reposición da legalidade.
Agardemos que este departamento autonómico tome cartas no asunto e identifique aos responsábeis deste atentado patrimonial.
Máis INFO: http://mrpatrimonio.blogspot.com/

Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.