07/01/2009

O museo histórico de Sagunto na Casa do Mestre Peña

Se ides a visitar o conxunto histórico de Sagunto o mellor é deixar o vehículo preto da praza do concello e subir a pé á vila. No percorrido até o castelo atoparemos o barrío da xudería, o museo histórico, o paseo do calvario, restos da fachada dun templo adicado á deusa Diana, a igrexa de Sagunto e antes de chegar ao castelo, o teatro romano, do que xa falei con anterioridade.



O museo arqueolóxico de Sagunto está emprazado na Casa do Mestre Peña, un antigo caserón do século XIV, cuxa rehabilitación custou preto dos 2 millóns de euros e que na actualidade alberga 320 obras e pezas arqueolóxicas, en dúas plantas diferenciadas.





A planta baixa do museo está organizada en tres ámbitos diferenciados. A primeira seizón leva por título: “Do coleccionismo ás escavacións sistemáticas”.



A segunda seizón, denominada “Arse-Saguntum”, está adicada ao proceso de romanización da cidade e a terceira, “Saguntum, cidade romana” amósanos parte dos vestixios materiais do foro municipal e dos edificios públicos daquela época.

O espazo da planta baixa complétase cunha maqueta do territorio e un audiovisual, que introduce o desenrolo do período íbero-romano nesa zona.

No primeiro andar, o visitante pode atopar pezas que nos falan da economía da época, tales como ánforas, envases de viño, ou unha importante colección numismática, entre outras. Este andar alberga ademais esculturas de mármore, como o baixorrelevo milótico da Morería.






É neste museo onde podemos contemplar unha das máis importantes coleccións de epigrafía latina de España, con inscriccións con caracteres ibéricos e hebráicos, así como mosaicos de decoración variada entre o que destaca o “Castido de Dirke”.

Pero sen dúbida, as pezas máis senlleiras das albergadas no museo, son o Touro Ibérico, a cabeza da deusa Diana (monumento nacional dende 1962) e a figura do Hermes Báquico.



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.