24/04/2012

Lancia "Salvada"?


Fomento Protexe ao fin Lancia


Diario de León
León 18/04/2012
Verónica Viñas

As construcións romanas e medievais do xacigo xa están baixo unha capa protectora de area.

O Ministerio de Fomento decidiu protexer ao fin os restos arqueolóxicos descubertos en Lancia, no tramo afectado pola autovía León-Valladolid. Tras catro meses de atraso e outro inverno máis á intemperie, os importantes vestixios están xa baixo unha capa protectora de geotextil e area. As obras para tapar as "reliquias" da antiga cidade astur-romana comezaron de improviso. A plataforma Salvemos Lancia denunciou en novembro os «graves estragos» que detectaran no xacemento, precisamente, por estar ao aire libre. Xa entón, calquera medida protectora chegaba tarde, ao producirse danos irreparables nalgunhas construcións de época romana e medieval, polas choivas e as xeadas ás que estiveron expostos os restos desde que foron desenterrados no verán do 2010.

labouras de "proteción" de Lancia, ao fondo a gasolineira e o que ia ser a autopista

Solución temporal
A plataforma Salvemos Lancia veu reclamando que se "dignifiquen" os restos e se poñan en valor. Por iso, tapalos non é suficiente. Sería, unicamente, unha solución temporal. A propia Comisión de Patrimonio Cultural da Xunta acordou o 14 de abril, tras invalidar a decisión previa da Comisión Territorial de León, adoptar «medidas correctoras que permitan compatibilizar a conservación e lectura permanente e visible do conxunto de estruturas e elementos arqueolóxicos achados, coa efectiva construción da autovía Valladolid-León». Segundo este acordo, que de momento parece irrealizable no actual contexto de crise económica, a cubrición dos vestixios arqueolóxicos só pode ser temporal.



As escavacións sacaron á luz un barrio industrial con fornos e fundiciones, a primeira necrópole de incineración localizada en León, un tramo de calzada romana, un forno de finais do século I para cocer tellas, outro medieval, unhas termas e un edificio de planta basilical, entre outros achados.


O Ministerio de Fomento encargou á empresa que levou a cabo as escavacións a catalogación de centos de pezas extraídas do xacemento coñecido como Sublancia. O inventario inclúe obxectos como cerámicas, moedas e mesmo esqueletos, cuxo destino final será o Museo de León. As escavacións demostraron que o complexo de Lancia é xigantesco. Ocupa 700 metros en liña entre Villamoros de Mansilla e Mansilla de las Mulas. Pero os expertos consideran que podería ser aínda máis extenso, de aí as dificultades de desviar a futura autovía sen "tropezar" con novos restos arqueolóxicos.



Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.