09/09/2011

Iberdola versus A Ponte de Labrada

Ponte de Labrada co "caseto" ilegal que afeta a suas estructuras

Non acougados ainda co do Pindo cheganos hoxe mesmo está nova dunha agresión mais ao patrimonio histórico, neste caso contra uma fermosa ponte medieval sita en Labrada (Quiroga, Lugo) e na que como soe ser demasiado corrente na nosa xeografía se unen amais do "feismo" e as mellores mañas do farwest, a hora de saltarse a lei e calquer control administrativo, unha certa conciencia dunha mais que corrente impunidade ou case que "gratuidade" a hora de esnaquizar o patrimonio: a fin de contas, como xa comentaramos no caso da Capela de San Martiño de Teixeira  (perpetrado pola mes empresa, que xa é reincidente) as sancións e multan que se aplican a estos delitos son apenas "calderilla", e non afectan en nada ao seu negocio, e ainda menos aos seus escrúpulos, aos que ven poderiamos alcuñar,  de feito,  "presuntos".
Como podedes ver nas fotos o "caseto" adosado a esta fermosa ponte oxival en cuestión non garda ningunha das normátivas existentes tanto nas distancias mínimas que como zona de proteción teñen que gardarse obrigatoriamente a redor do elemento protegido así como as de non afección das estructuras do propio elemento. 


De novo e desgrazadamente temos que dar aqui na Hora dos Mouros "visiviliade" a outra "atrocidade" cultural mais, e recollermos aqui parte da denuncia dos feitos cursada pola Asociación LugoPatrimonio que foi presentada a semana pasada  ante a Dirección Xeral de Patrimonio, e  que podedes tamén descargar compreta na sua web:


"[...] entre os obxectivos da Asociación que presido están os da “defensa do Patrimonio material e inmaterial recollido este no seu sentido máis amplo e dentro do territorio da provincia de Lugo”. Neste contexto denunciamos a actuación da empresa eléctrica Iberdrola que na ponte medieval de Labrada, situado nunha paraxe fermosísima na ribeira do concello de Quiroga (Lugo), construíu un caseto sobre unha estructura da ponte para instalar no seu interior unha estación hidrolóxica, que ao noso entender constitúe un atentado, non só á súa singularidade constructiva, senón tamén á estética, sospeitando que a tal obra non conta coa aprobación da dirección xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo. Por iso

SOLICITO
Que por parte de esa Xefatura Territorial se indique si a tal obra foi realizada contando co permiso da Consellería, e en caso afirmativo que se diga en base a que disposición legal se autorizou a construción e si se adapta a obra feita ao proxecto presentado, e en caso contrario ordene aos servizos técnicos a comprobación da denuncia e se abra expediente sancionador a empresa Iberdrola obrigándolle a derrubar o edificio construído. Adxúntanse fotografías."

Desde aquí seguimos incidindo no noso argumento de que unha compañia privada que delinque -e repetidamente- contra un ben público (isto é de todos) como é o Patrimonio, non debería beneficiarse dunha concesión publica como son os aprobeitamentos hidroeléctricos, nin poder optar a novas convocatorias no sector. Certamente ia-lles doer mais que a futura e "barata" multa administrativa.


+INFO sobre isto no site de:   LugoPatrimonio

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.