05/08/2011

Cae unha banda adicada ao saqueo de sitios arqueolóxicos




OPERACIÓN NECRÓPOLE
Desarticulado un grupo dedicado a expoliar xacigos arqueolóxicos

EFE  2/8/2011

Interviñéronse máis de 9.000 pezas arqueolóxicas de gran importancia histórica e científica

A Garda Civil detivo onte a doce persoas que se desprazaban de madrugada a xacementos arqueolóxicos da Comunidade Valenciana e de Castela-A Mancha para buscar restos que posteriormente trasladaban aos seus domicilios para a súa limpeza e comercialización.

Nesta operación, denominada Necrópole, interviñéronse máis de 9.000 pezas arqueolóxicas de gran importancia histórica e científica, que datan de varias épocas e culturas que estiveron asentadas en España, segundo unha nota do instituto armado.

Durante a operación, rexistráronse trece domicilios en propiedades dos detidos nas localidades valencianas de Aldaya, Alaquas, Manises e Moncada, onde se interviñeron obxectos arqueolóxicos, como moedas, medallas, detectores de metais, planos cartográficos de xacementos e material para a limpeza dos obxectos expoliados.

As investigacións do Grupo de Patrimonio Histórico da Garda Civil comezaron a principios deste ano e permitiron pescudar que os detidos desprazábanse ás zonas arqueolóxicas a diario e de madrugada, a bordo de dous vehículos, para buscar restos. Na maior parte das ocasións, os espolios eran levados a cabo en xacementos situados en zonas despobladas de monte e distantes varios quilómetros de vías de comunicación principais. O grupo empregaba detectores de metais para localizar os restos, principalmente moedas.

Tras cumprir os seus obxectivos, abandonaban as zonas arqueolóxicas por camiños distintos para evitar posibles controis policiais. Unha vez nas súas localidades, os detidos reuníanse en bares para mostrarse as pezas ou comercializalas a través de intermediarios.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.