12/07/2011

As "Pegadas do Encanto" - novos Podomorfos na Mariña


Recollemos aqui agora, na Hora dos Mouros, -por sorte non todo van ser "desfeitas" patrimoniais- este comunicado que hoxe mesmo nos achega Mariña Patrimonio do descubrimento dunha estación de petroglifos podomorfos en Ribadeo, desde aquí aledámonos, e damos a nosa noraboa a Mariña Patrimonio, por este interesante achádego:


Mariñapatrimonio informou o pasado mes de xuño ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun posible petróglifo podomorfo nas Anzas (Ribadeo). Trala inspección do xacemento polos técnicos do Servizo de Patrimonio, este ben cultural foi incluído no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio, co nome de “As fádegas- as pisadas do Encanto” e coa clave GA 27051023, converténdose no primeiro petróglifo atopado en Ribadeo e o primeiro podomorfo da Mariña.

Este tipo de petróglifos son gravuras que representan a pegada do pé; aparecen nun pequeno número de penedos próximos á costa , especialmente na zona occidental da provincia de Pontevedra.

As gravuras de As Anzas reciben o nome de “As pisadas do encanto”, atópanse nos lindes da horta de produción ecolóxica de Elia e Vicente, coñecida como As Fádegas, nun vello camiño ao son do río Grande ou Alesancia, que ía dende as Anzas até Salcedo. Nesta rocha hai representadas unhas 11 pegadas do pé do Encanto e dúas cazoletas.

Relacionado con este petróglifo hai un valioso patrimonio inmaterial. Segundo recolle a lenda, nunha gran rocha á beira do río habita un Encanto, unha moza fermosa e loira que deixou as pegadas dos seus pés na laxe do camiño. Polo San Xoán a moza aparéceselles aos que pasan por alí amosando a súa fermosura e mailos seus tesouros así como unha galiña coa súa rolada de pitos de ouro. A beleza da moza ou a cobiza do ouro, fai que a xente se achegue á rocha , o que provoca o seu encantamento , ficando para sempre no interior da rocha.

Mariñapatrimonio informou o pasado mes de xuño ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia sobre a existencia dun posible petróglifo podomorfo nas Anzas (Ribadeo). Trala inspección do xacemento polos técnicos do Servizo de Patrimonio, este ben cultural foi incluído no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral do Patrimonio, co nome de “As fádegas- as pisadas do Encanto” e coa clave GA 27051023, converténdose no primeiro petróglifo atopado en Ribadeo e o primeiro podomorfo da Mariña.

Este tipo de petróglifos son gravuras que representan a pegada do pé; aparecen nun pequeno número de penedos próximos á costa , especialmente na zona occidental da provincia de Pontevedra .

As gravuras de As Anzas reciben o nome de “As pisadas do encanto”, atópanse nos lindes da horta de produción ecolóxica de Elia e Vicente, coñecida como As Fádegas, nun vello camiño ao son do río Grande ou Alesancia, que ía dende as Anzas até Salcedo. Nesta rocha hai representadas unhas 11 pegadas do pé do Encanto e dúas cazoletas.

Mariñapatrimonio quere agradecerlles a asociación Cultural Alesancia das Anzas e en especial a Elia e Vicente a súa colaboración, que contribuíu a que hoxe estes petróglifos estean inventariados e gocen da protección que recolle a lei para este importante ben cultural.



Ir ao site de: MariñaPatrimonio

Um comentário:

  1. Em breve espero escrever algo não sei se para A Hora dos Mouros, o Archaeoethnologica, ou ambos dou, sobre o tema em geral, e com algo de bibliografia e recolha das hipóteses sugeridas por quenes andam "Tra-las Pegadas ...". Mas tenho que pensa-lo ainda e redata-lo


    PD: O título vou-no registrar olhinho, que vos ceivo a SGAE ;-))

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.