20/12/2008

COMUNICADO 19/12/08 - PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

Con motivo da futura inauguración do treito As Pontes – Cabreiros, pertencente á autovía AG-64 Ferrol-Vilalba, queremos denunciar públicamente os seguintes feitos:

- A desestruturación da necrópole megalítica da Mourela provocada pola autovía, que deixa dividido pola metade un conxunto formado por tres mámoas.



- A situación de risco na que queda a mámoa GA15070127, situada a 3 metros do borde norte do talud, lonxe dos 50 metros de protección establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio en xuño de 2007.



- A non reversión social dos coñecementos derivados das escavacións da necrópole megalítica da Mourela, que logo de máis de 3 anos de investigacións, 2 equipos de arqueólogos e unha financiación próxima aos 5 millóns de euros, non foron aínda publicados nin presentados á cidadanía.



- A catástrofe medioambiental que está a afectar aos ríos Eume, Chamoselo, Lavadoiro e Trimaz, derivada da mala planificación da autovía, que ademais de ocasionar a destrución do círculo lítico da Mourela, está a exterminar os ecosistemas fluviais da nosa comarca.




Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.