Sermos Galiza
Cultura
09/06/2012
09/06/2012
"Cada vez son máis as empresas e mesmo administracións que contratan persoal en precario para as intervencións arqueolóxicas. A Deputación de Pontevedra, segundo denuncia a CIG, mesmo chegou a botar man de persoas en paro sen experiencia profesional no sector"
As empresas dedicadas á arqueoloxía de xestión están a sufrir os efectos non só da crise senón tamén da desregulamento do sector. Cada vez son máis as contratacións que se fan por baixo das condicións estabelecidas no convenio colectivo, e sen cumprir cos criterios mínimos de calidade. A CIG e a Asociación Galega de Empresas de Arqueoloxía veñen de denunciar, nunha comparecencia conxunta, o deterioro das condicións nas que exerce o sector.
Desta situación, afirma a CIG, a propia administración é cómplice. A Deputación de Pontevedra chegou a botar man de persoal non profesional desempregado para intervencións arqueolóxicas. Dende concellos e deputacións, asegura dende AEGA Andrés Bonilla, estanse a realizar contratacións sen ter en conta o establecido en convenio colectivo e obviando os criterios de calidade. O sindicato nacionalista insiste na responsabilidade da Dirección Xeral de Patrimonio, a quen lle compete velar pola calidade das intervencións, ao permitir que se degrade o labor da arqueoloxía a través da actuación de empresas que pactan condicións económicas á baixa.
Comparecencia conxunta da CIG e a AEG
En 2009 foi asinado, entre CIG e AEGA, o que sería un dos primeiros convenios colectivos do Estado no ámbito da arqueoloxía de xestión, de cara a regular as relacións laborais dun sector por aquel entón xa moi precarizado e estabelecer así mesmo uns mínimos de calidade. Das 25 empresas que entón conformaban AEGA, cinco delas tiveron xa que pechar. Mais a precariedade das condicións nas que traballa o sector non é só un problema laboral, senón do patrimonio colectivo de toda a cidadanía, canto que se está a reducir a propia calidade das intervencións sobre o mesmo.
Dende AEGA mantiveron xa varias reunións coa Dirección Xeral de Patrimonio nas que solicitaron, deste sector da administración que se encarga de aprobar as intervencións sobre o patrimonio, o incremento dos baremos de calidade nas intervencións.
Dende AEGA mantiveron xa varias reunións coa Dirección Xeral de Patrimonio nas que solicitaron, deste sector da administración que se encarga de aprobar as intervencións sobre o patrimonio, o incremento dos baremos de calidade nas intervencións.
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.