09/10/2011

Rescatando Dombate


Empeza o rescate da Capela Sixtina do Megalitismo galego

La Voz
Carvallo, 9/10/2011
Cristina Viu


Os restauradores consolidarán a pintura que queda en Dombate

O equipo que dirixe Fernando Carrera, director da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, iniciará a partir de mañá os labores necesarios para que cese a degradación dos restos de pintura rupestre que quedan no interior de Dombate.

A cámara e o corredor estaban completamente decorados, segundo Fernando Carrera, que onte iniciou a colocación dos sensores que servirán para coñecer as condicións de temperatura e humidade que hai no interior do dolmen. Entrar no megalito, que se utilizaba como lugar de enterramento, debía ser unha experiencia extraordinaria. Sábese polos restos que quedaron, que as paredes estaban cubertas cun revogo de cor branca, formado por po de caolín e graxa de vaca.


Os que levantaron Dombate hai máis de 5.000 anos decidiron evitar a rugosidade da roca utilizada coa pasta branca. Sobre ela deseñaron unha serie de trazos xeométricos en vermello, con óxido de ferro, e negro, con carbón vexetal. Uns materiais tan aparentemente fráxiles conseguiron manterse en bo estado durante decenas de séculos, protexidas pola terra negra do Chan de Borneiro e mesmo sobreviviron a 20 anos de case intemperie. A pintura que desde o principio estivo na zona exterior, en contacto directo coa luz, o sol, a choiva e os cambios de temperatura perdeuse de forma irremediable.


De feito, Fernando Carreira sinalou que se deron casos en que a decoración se perdeu tras un ano ao aire libre. No caso de Dombate limitouse o problema porque os traballos de consolidación efectuáronse inmediatamente despois da escavación.

Moito menos fráxiles son os gravados, cuxo significado aínda se descoñece, pero que se sabe xa que estaban tamén cubertos de pintura. O motivo deles non se fixou aínda, pero os investigadores barallan varias hipóteses.



Um comentário:

  1. Anônimo10/20/2011

    Me parece bien que se recupere el patrimonio, yo visite el sitio en cuestión y había demasiada humedad. Una cosa es hacer un tejado para protegerlo del viento, la lluvia, el sol, pero ahora gracias a eso hay demasiada humedad, a mi me da que las pinturas rupestres tienen los días contados. Creo que si el arqueólogo José María Bello Diéguez no lo hubiese escarbado en el 87, hoy se podría a ver hecho algo mas decente, porque a veces la labor de arqueólogo no se diferencia de un saqueador. Hoy malamente conservamos el dolmen, y todo por no tener buenos profesionales. Yo recorrí Inglaterra y esto allí no pasa, los arqueólogos están mejor preparados y no andan a revolver tumbas como pasatiempo ni para colgarse medallas.

    Xavier Laxe

    ResponderExcluir

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.