O cavaleiro de Aian, Trabancas, Agolada |
O certo é que o titular que se ve arriba é algo ambiguo; pois esta fermosa e sinxela peza medieval que eiquí tendes non "se perdeu", se non que para ser correctos teriamos que dicer, que "nola perderon" e con isto queremos acentuar todo o que de mantenta ha nesta desaparición.
O "guerreiro" de Aián, este cabaleiro que vedes na imaxe sostendo a súa espada entre as mans, nunha pose típica de tantas laudas sepulcrais do noso medievo, desapareceu vai un mes no seu lugar natal da parroquia de Trabancas, en Agolada. Fora atopado según din nun monte onde había outros enterramentos (o Monte Farelo) e "reciclado" aló polo 1857 coma sillar nunha casa que se estaba construindo daquela. O caso é que moitos anos pasaron, e alí na parede o guerreiro podía ser contemplado frecuentemente polos que pasaban polo camiño, que lle terminaron dando pola súa rareza -pois chamaba certamente a atención do que pasaba-, o nome popular de "O Santito".
Casa onde se atopaba onde se atopaba que se pode ver ao fondo |
E así foi coñecido pola xente da contorna durante longos anos, mais estes pasaron, e a casa logo foi caendo, ruina ateigada de silvas, daquela vai pouco a casa vendeuse, e o novo propietario, quen sabe porque? retirou inmediatamente a peza, a pedra do guerreiro, desde entón nada se sabe del, os veciños piden e denuncian ante concello, reclaman que se devolva o seu "Santito", desde o Concello chían pola pedra, que quen sabe onde estará?; cecais novamente "re-reciclada" foi parar na finca ou xardín dalgun particular, pero quen é propietario da historia?, quen é propietario da memoria ou das lembranzas?, e, quen ten dereito a "espropiarllos/no-los" a todos nós?.
A iso en tempos chamóuselle Patrimonio, e alcumóuselle histórico, artístico, cultural, etc. é, polo visto, daquela ata se puxo en Constitucións -e non por engadido- e Códigos Penais, para que todos o souberan: que era ilegal meterse con él.
Desta triste historia, triste mais desas que ha moitas neste país por desgraza, soubemos por un bo amigo e polo blog Ao pé do Farelo
Nenhum comentário:
Postar um comentário
Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.