01/09/2011

O Financiamento da Arqueoloxía


«España precisa unha estratexia de financiamento da arqueoloxía subacuática»


ABC
30/08/2011
por Verónica Walker Vadillo

«A exhibición do navío de guerra "Vasa", en Suecia, ten tido máis de 29 millóns de visitantes desde que se izou o barco en 1961»

"O modelo de financiamento que foi desenvolvido durante o proceso de localización do "Mars" é moi meritorio. O alto custo de expedicións arqueolóxicas subacuáticos sempre fai que sexa complicado obter os fondos necesarios, sobre todo si se plantexa extraer pezas que necesiten conservación. O modelo financiamento Museu-Universidade-Capital privado debería estudarse para ver a súa posible aplicación a España. Aquí é moi difícil obter fondos para un proxecto arqueoloxía subacuática, e hai poucos proxectos que teñan os fondos suficientes como para permitir a incorporación laboral a longo prazo incorporando arqueólogos subacuáticos. "

"Isto produce que en moitos casos, os poucos especialistas que temos non poidan dedicarse en exclusiva á súa profesión, o que significa que en moitos casos, persoas altamente instruídas acaban deixando a arqueoloxía subacuática. Por todo isto, é imperativo para proxectar unha estratexia de financiamento para mellorar a situación da arqueoloxía subacuática no noso país. Existen modelos que poden ser moi beneficiosos para a España como é o caso do Reino Unido, onde o diñeiro vén de fondos para as escavacións Lottery Fund (parte dos beneficios da lotería nacional están destinados a proxectos culturais) e do Aggregates Levy Sustainability Fund, un fondo creado polos impostos sobre a contaminación que gravan ás empresas de agregados e que está destinado ao medio ambiente e o patrimonio cultural. Desde un punto de vista cultural, España melloraría o seu coñecemento da súa historia marítima, pero o investimento tamén tería unha aplicación directa sobre a economía dado que a arqueoloxía subacuática soe aproducir artefactos ben conservados e moi atractivos para os museos. A exhibición do buque de guerra "Vasa" en Suecia, tivo xa máis de 29 millóns de visitantes desde que o barco fora izado en 1961. Hai un crecente interese na cultura que xustifica o investimento en escavacións subacuáticas, e se non queremos quedarnos na retagarda, dereríamos seguir o exemplo de países coma Suecia, Australia e Reino Unido.

"O debate de cazatesouros vs arqueólogos é antigo e parece inposíbel de resolver. Por un lado están os arqueólogos que deben loitar coa administración por cada centavo destinado a escavacións subacuáticas. Por outro lado, están os cazatesouros, cos seus barcos tan equipados con tecnoloxía de xeito que a arqueoloxía queda soterrada entre fotos bonitas para os inversores. Todos temos a mesma paixón polo pasado, pero diferimos sobre no xeito de traballar con el: Nós queremos que os artefactos sexan propiedade do pobo, eles queren vende-los ao melhor postor. O problema é que, mentres que os cazatesouros se lanzan ao mar, os arqueólogos quedamos varados na praia esperando que algún funcionario teña piedade e adique algo de diñeiro ao noso proxecto.

"Antes de zarpar, xa temos perdido. A arqueoloxía subacuática precisa dun cambio na estrutura de financiamento, se queremos garantir que seremos os primeiros en chegar aos xácigos, e que a documentación dos xácigos se vai realizar co máximo rigor académico. As Leis por si soas non sirven, necesitamos un cambio na Administración que garanta que haberá un investimento en arqueoloxía subacuática. Isto pode soar frívolo, se consideramos o actual se temos en conta a actual crise económica do país, pero nada máis lonxe da realidade. "

Verónica Walker-Vadillo, é arqueóloga subacuática


Ir á nova original em: ABC

Nenhum comentário:

Postar um comentário

Lembre que ao colocar un comentario nesta páxina asume a responsabilidade polo contido das súas opinións.